Castiñeiras


Viaxe a Viena
Hai cousa dun mes vos falaba de que era unha boa cousa planificar as vacacións con algo de antelación, por aquilo de conseguir viaxar ó prezo máis baixo posible.

Pois ben, daquela vos falei da viaxe que teño preparada pra Cardiff, pero non vos comentei nada desta outra viaxe que faremos un par de semanas antes, do venres 7 ó luns 10 de marzo.

Decidimos eses días despois de facer unha criba no buscador de voos de ryanair (entre os findes q podíamos viaxar a ver cales eran os máis baratos). O requisito mínimo era ir 4 días (senon non daría tempo a nada), e como había q pedir no choio dous días, tanto daba q fosen xoves e venres, venres e luns ou luns e martes.

Claro, non é tan doado librar no choio un venres ou un luns (inda q sí o é non ir a clases :P), pero eu tiven esa sorte :)

Despois escollimos o finde entre as opcións q tiñamos e en 3 semanas...

A VOAR!!


O destino será Viena, pra iso temos q coller 4 avións a 10? cada un (Oporto-Girona-Bratislava) e despois ir de Bratislava a Viena por 8? con Terravisión. Iso máis 3 noites en hostais q conseguimos por 50?... enfin, un choiazo! :D

Xa vos contarei á volta. Por certo, dentro de nada está o festivo do primeiro de maio, se alguén pode facer ponte ese día pois non era mala idea! ;)
Chegada a Viena (1ª parte)
Parrafeo (11) - Categoría: De ruta - Publicado o 17-02-2008 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento de tartas
Xa hai un mes ou así q me entretiven tirandolle tartas a creadora do blog Nasas. Pasei un bo rato tratando de acertarlle jijiji

Agora vos propoño un xogo parecido: pra os que non o sepan dentro de xustamente 10 días será o meu cumple, e no canto de facer unha cybertarta, o que vou facer é dárvola oportunidade de que me tiredes tartas a min!!!



O día 24 deste mes decidirase quen é o vencedor e logrou acertarme máis tartazos!(o q máis me odia jiji)

Ou sexa q xa sabedes, practicade a vosa puntería...

...E NON LLE DEADES A AVOA!!
:D

Un saudo!

Parrafeo (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2008 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un incendio destrue a porta de Namdaemun

Vaia putada, indo pra clases de francés hoxe pola mañá estaba lendo o xornal de luns a venres e mirei esta nova.

Sempre é unha mágoa que se perdan monumentos importantes como estes, pero inda máis lle jodeu a unha amiga que está en clase de francés conmigo...

vai ir a Corea en marzo!!


A estudiar algo de coreano, ela xa sabe xaponés e volve a un país asiático cunha beca. Ta ben ;)

Ó chegar a clase llo conto e me di:

-"Xa mo dixeron, que putadón! e tmn o meu grupo coreano preferido se separa! que máis pode pasar??"


En fin, que o do grupo a min non me importa tanto, pero o da porta de Namdaemun...
Parrafeo (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2008 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido do Hío: fotos!!
E en especial da comparsa de Nerga.
Nesta galería teño subidas unhas pouquiñas fotos deste entroido que reune a tanta xente.

Moita festa e moi ben o pasamos estes días.

Por certo, hoxe á noite celébrase o "sábado de piñata", é dicir, cos cartos que sobraron do carnaval faise un último día de festa.

Iremos disfrazados!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 09-02-2008 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Carnavales do Hío
E outro aniño máis tocou perderse durante uns días pola parroquia do Hío.

Tivemos máis sorte q o ano pasado coa chuva, só orballou un pouquiño o luns e o martes, nada demasiado grave (non como o ano pasado camiño de Pinténs...).

Moita festa, muito viño, e muitísima xente. Ainda q en realidade creo q había menos q outros anos... ó parecer iso dq fora tan cedo o entroido non lle viu moi ben á xente...

Este vídeo é do luns pola mañá, despois de pasar por Vilariño nos dirixiamos ó Igresario.

A comparsa de Nerga facéndolle pasillo ó resto de comparsas.

Risas, diversión, muito viño e LK e muito bo rollo!!


Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 06-02-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0