Castiñeiras


Equipo de limpeza
Os días seguen pasando e non hai muitas novedades. Quedannos por entregar 2 traballos (un o dia 5 e outro o 16) e estamos bastante parados. En realidade eu teño q entregalo antes do 14, pois ese dia marxo de volta pra nosa terra :) Q son os carnavales!!

A verdá é q prefiro mil veces ir de seráns q sair por aqui.

Cambiando de tema... a cociña cada vez estaba máis noxenta, non sei se recordades a foto q publiquei hai uns dias... pois inda estaba peor!

Por sorte viu a Union de Cristianos da Universidade de Cardiff e nos limpou todo! Foi incrible, a min contaronmo e foi algo asi:

(Toc, toc)
Becky: si, q queredes? (varias persoas totalmnt descoñecidas)
Cristianos: somos da asociación de cristianos, podemos limpar a vosa cociña?
B: ein?!? tades de coña??
C: non, non (ensinan panfletos), somos desta asociación..
B: pero temos q pagharvos ou algho?
C: non, facemolo gratis
B: po bueno... xD


A verdá q hai xente pa todo (...). Agradecese pq xusto o dia seguinte viñan as da limpeza e se topasen todo cheo de merda igual nos multaban (por reiteración jeje).

Do q non nos libramos foi da multa por non tirar as bolsas do lixo ó contenedor... 8 libras por bolsa, 3 bolsas dan un total de 24 libras (36? aprox). Dividido entre 8 q somos, temos q pagar 4,5? cada un :S
Image Hosted by ImageShack.us


Cousas q pasan, vos preguntaredes q facían 3 bolsas do lixo na cociña, non? Pois non vos estrañedes, un acábase acostumando á vida de universitario inglés e xa non lle busco explicación.

Saude e terra!

PD: por certo, a fiestra do meu compañeiro de piso xa está limpa. Botoulle un par de caldeiros dauga por riba e punto! :-O
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2007 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0