Castiñeiras


Morre Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín

En Zamora e aos 87 anos de idade morreu este venres Alexandre de Fisterra, creador do futbolín, un dos inventos galegos máis universais. Alexandre Campos Ramírez, faleceu en compaña da súa esposa, María Herrero logo de ser operado na Coruña dunha úlcera de duodeno. Ademais de inventor foi editor, escritor e confeso republicano. Tamén era coñecido por ser o testamenteiro do poeta León Felipe. As súas cinzas xa foron espalladas polo río Douro e máis en Fisterra, a súa vila natal.

Tirado de Vieiros.

Gran invento ese do futbolín!
Iso si, saes da Península e os futbolíns son unha puta merda, q si de plastico, q si son cubertos, q si teñen 2 defensas e 5 dianteiros... xD

Vos deixo unha canción d'Os Diplomáticos de Montealto en homenaxe a tan boa invención.

Saude!
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2007 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Segunda nevada

Hoxe xa nevou algo máis ca onte, camiño de clase case nos matamos entre xeo e neve. Inda asi se poden tomar fermosas instantáneas:

Image Hosted by ImageShack.us


Agora de tarde deixou de nevar, pero inda sigue todo branco. Foi divertida a guerra de bolas durante a hora da comida, media hora sen parar :D

Saude!
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2007 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira nevada en Cardiff

Onte a noite estabamos coa dubida de se estaba nevando ou poallando. Pensabamos q estaba nevando pero q non ia tanto frio como para q chegase a callar...

Equivoqueime!

Image Hosted by ImageShack.us


Q ben isto de levantarse e estar todo nevado :)

PD: arriba estamos Patri, Ruth, Esther máis eu.
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Nerga
Xa está todo listo pro serán q se vai celebrar este venres en Nerga, no bar A Curva.

As ghaitas empezarán a afinarse a iso das 10 e seguirán soando toda a noite!

Este serán serve pra poñerse en forma de cara os famosos carnavales do Hio q están a piques de chegar. Pero ollo! no bar só permiten xente con ganas de cantar, beillar, tocar, beber, etc. e dicir, con ganas de FESTA!

Non é dificil atopar o sitio: despois de coller o cruce q baixa pa Nerga, A Curva é o primero bar q te atopas.
Image Hosted by ImageShack.us


Este é o primeiro serán q se celebra neste bar, a idea é q se sigan celebrando seráns tódolos segundos venres de cada mes.

Un saudo a tódol@s festeir@s!

PD: pena de q inda esté en Cardiff e non poida ir. Iso sí, os carnavales de Nerga non mos perdo! jeje
Parrafeo (0) - Categoría: Festas - Publicado o 06-02-2007 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seica Retrouso estrea blog!!

Despois de muitos dias d traballo o blog xa vai collendo forma.

Neste blog atoparedes tódalas noticias, paranoias e rumores relacionados cos retrouseir@s.

Para os q non o sepan, a Asociación Cultural Retrouso é un grupo de persoas q traballa desde o 1996 para a recuperación e o enxalzamento do baile e da música tradicional galega no Morrazo.

Xa teño falado sobre este ghrupo algún q outro dia, e xa q a súa web estaba bastante desactualizada (ains, este ru..!) decidiron comezar co blog q é máis facil de actualizar. Ben feito Da! ;)

O dito, visita recomendada a este blog q contará tódalas peripecias de ghaiteiros, beilladores, pandereteiros, etc.

Saude!
Páxina de Retrouso
Blog de Retrouso
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2007 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0