Castiñeiras


Mans revoltosas
Chegoume este video nun mail hai uns dias e pareceume divertido. Póñoo por aqui pra ver q opindes.

Saude e terra!
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2007 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Música pra beillar
Hai xente q se lle da por poñerse coa bicicleta estática, ou cunha cinta de correr, a facer abdominales ou flexións na casa..

Eu como exercicio teño o baile: primeiro pa quentar poñome a beillar e repasar alguns dos bailes q xa sei, axudado de actuacións ou ensaios gravados en video.

Despois do quentamento poñome con música coma esta de Pepe Vaamonde a tratar de inventar alghun q outro punto. Asi outro dia con algo de sorte os podo sacar nalgunha foliada :)

Inda me queda muito por aprender (só levo uns dous aniños), pero pouquiño a pouco ver se o consigho.

O q está claro é q onde máis se aprende é indo por ahi de parranda, a ver pa cando a seghinte q xa teño ganas!

PD: despois de tanto baile e de suar coma un porco... directo á ducha! :P
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2007 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Moa do xuizo..
Estes dias estiven de "baixa festivo" por culpa da moa do xuizo, seica está a sair pero non ten muito hoco enton anda a pelear coa encia :(

Pero trankilos, inda non marcho pra Cardiff ata o dia 22 ou sexa q inda me quedan asistir a muitas festiñas e festazas!;)

Por certo, hoxe e mañá (luns e martes) disque vai haber reformas na blogoteca e por mor diso non se vai poder actualizar.

A ver qtal son estas novas melloras, pero iso si, podense seghir deixando parrafeos nos artigos :)

Saude e terra!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2007 03:23
# Ligazón permanente a este artigo
Actuación en Ardán (Marin)
Con isto da chegada dos reis magos organizaron os pais e nais do colexio de Ardán (Marin) unha serie de actividades.

Entre elas estabamos nós, a A.C. Retrouso, pra botarlle uns bailes e cantar un pouquiño :)

Hai q ter en conta q a Retrouso van moitos rapaces deste colexio, e claro, os pais mais q vernos ós maiores o q ian era a caerlle a baba vendo pros seus pequechos :P

Image Hosted by ImageShack.us

Aqui nesta outra foto están os compoñentes da nova xeración de ghaiteiros de Cela, máis Rubén (a esquerda) o "jefe" do ghrupo. :P

Saude!
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 05-01-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Inaguración d´A Curva
Exitazo da inaguración!

Unha chea de xente viu á inaguración do bar d Ramón e Rosi (inaguración de donos, pq o bar xa tiña uns 29 aniños, ou polo menos é o tempo q botaron os donos anteriores).

A iso das 20.30 comezaron a tocar as ghaitas, panderetas,etc. e tamén os beilladores a beillar :)

A festa durou ata máis ou menos as dúas, con Ramón e Rosi pensando pos seus adentros "pa q invitaríamos a estes?? q non paran e queremos descansar!" :P

A verdá é q se fose por nós seghiamos alí, pero non era plan, a xente tmn precisa descansar e ó dia seguinte tiñan q abrir.

Pois nada, xa avisarei por aqui cando haxa máis festas n'A Curva de Nerga.

Saude!
Parrafeo (0) - Categoría: Festas - Publicado o 03-01-2007 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0