Castiñeiras


Carrabouxo

...
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2007 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cámara ó carallo
Non sei q pasou coa miña benquerida camara pero este sabado estropeouse mentres estabamos celebrando o cumple de Esther e Naty.

O obxetivo non se volvia meter pa dentro, nun principio pensei q era por falta de batería, pero me ekivoquei...

Anque moi distorsionada, esta é a ultima foto q saiu coa miña camara. Se vos fixades un pouco veredes a Ire, a min e a Esther.

Bueno, en realidad tendes q fixarvos muito e botarlle muita imaxinación :P

Saude!

PD: onte xa a enviei por seur ó servicio de reparación xa q inda non finalizou o prazo da garantia, espero tela comigo cando volva nos carnavales, a mediados de febreiro.
Parrafeo (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2007 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Furancho e cumple doble
O día de onte estivo carghadiño de todo.
Polo dia todo ocupado con ensaios: cos de Cela de mañán (Retrouso) e cos de Lembranzas da Ria pola tarde.

Pero ó cheghar a noite, xusto despois de rematar os ensaios, a iso das 10, fun cos de Cangas a un furancho en Viñó (Nerga). Chegamos no momento oportuno, staban empezando a afinar as ghaitas :D

Só me deu tempo a beber unha tasiña de viño e a botar uns poucos bailes, pero dentro do q cabe aproveitei ben o tempo jeje. A iso das 11.30 tiña q estar na casa do cumpleanos, sorte q era cerquiña en Nerga :)

O cumple genial! Foi unha festa sorpresa a unhas amigas de Vigo, en resumen:
todo estaba preparado, elas pensaban q o botellon ia ser en Vigo. Metéronas nun coche, vendaronlle os ollos e de Vigo as levaron ata Nerga onde tod@s estabamos agardando :D

Un dia (e unha noite) carghadiño, asi me noto hoxe sen forzas.. ;)

Saude!
Parrafeo (0) - Categoría: Festas - Publicado o 14-01-2007 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Cea dos cantares de Nadal

A xentiña de Cela q cantou os cantares de Nadal entre o 24 e 25 de decembro xuntaronse onte pra facer unha cea.

E claro, con tanto músico e tanto cantador o raro sería q non se montase unha boa foliada :D

Nunha foto vemos a futura xeración de ghaiteiriños de Cela, da ghusto ver tanta canteira!

Na outra vemos a unha parella de beilladores q siguen beillando como se tiveran 20 anos ;)
Image Hosted by ImageShack.us


O dito, entre tocar, beillar e cantar pasou unha gran noite.

Saude!

PD: doume pena non ir ó Salason a ver a obra "Historia dun peido" do grupo de teatro Cadaquén, seica foi un exitazo! Noraboa!

PD 2: hoxe vou ter 6h e media de ensaios entre baile (4h), pande(1h) e tambor(1h). Pero non so iso, senon q a noitiña parese q hai un doble cumpleanos... Mañá non haberá quen me levante da cama jeje
Retrouso
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 13-01-2007 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Unha noite por Compos
Asi como quen non quere a cousa fomos ata Compos, ó principio Borja staba reacio (tiña ó dia seguinte de mañá q expoñer unha presentación de ingles..) pero acabouse convencendo dq era mellor ir de festa q kedar a durmir.

O de q Esther tamen viñera foi un "daño colateral", quedaramos por Vigo pra ver á xentiña de clase e ela tamen viu, comentamoslle o de vir a Compos e dixo: "weno, tp hai nada máis q facer" (aclaro q ela está estudiando en Cardiff comigo).

Nada máis chegar xa tiñamos todo organizado, cunha benvida expectacular de Luci, a moza de Borja, cos bocatas de lomo recen mercados e quentiños, galletas, tequila, duas botellas de albariño, ron.... e só eramos catro!!

Fomos á praza de Galiza, un sitio q creo q lle chaman ó campiño. Alí quedara cuns amigos de Cangas. Falando, bebendo, bailando e tocando djembes e darbukas foi pasando o tempo.
Image Hosted by ImageShack.us

Despois muito non me lembro, pero as fotos contan q estivemos coas Marias, i seica tamén pola zona vella e nova.
Image Hosted by ImageShack.us


En fin, q a noite estivo xenial, pra repetir outro dia :)

Saude!
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 12-01-2007 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0