Castiñeiras


Viaxe a Suiza
Estamos planeando unha viaxe a Suiza, aquí os datos por se alguén se quere apuntar. Temos pensado coller os voos esta semana (antes do xoves):

(As datas inda son provisionais)
IDA:
8 de xullo - Porto-Basel
VOLTA:
21, 22 ou 23 de xullo
Ginebra-Barcelona-Vigo


100? a viaxe
280? durmir 14 noites en albergues a unha media de 20?
230? un bono de transporte para 15 días (inclúe buses, trens, desconto do 50% en barcos, funiculares...)
TOTAL= 610? + comidas e extras

Percorrido: Basel-Lucerna-Sarne-Interlaken-Berna-Lausan-Ginebra. A idea é parar a maior parte do tempo na zona de Interlaken.

Xa sei que non é nada barato, pero apetécenos estar 15 días en Suiza ;)

Alguén se anima?
Parrafeo (7) - Categoría: Suiza - Publicado o 13-04-2009 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto: O galego é útil
O galego tamén é útil fóra de Galicia.

Esa é a idea que un grupo de galegos asentados en Londres está promovendo a través dun manifesto interactivo, accesible a través deste vínculo o Galego é util.

Entre as vantaxes de falar o idioma propio do noso país, o manifesto salienta que o galego "axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional".

¿Hai algunha lingua que non sexa útil? "óense con demasiada frecuencia comentarios que descualifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha lingua que non serve para nada fóra da nosa terra, quizais non é mala idea gritar obviedades por internet".

Comentábame hai pouco Esther, que está estudiando en Grenoble (Francia), que moitos dos seus amigos son brasileiros...

Via Vieiros

O Galego é útil
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2009 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
¿Cómo preparan os Döner Kebab?
A alguén se lle deu por pensar cómo se prepara a carne dos kebabs?

Hai pouco atopei este curioso vídeo no que se ve unha planta na que preparan a carne que despois vemos nos típicos establecementos onde venden Döner Kebabs:


Noxo? Tedes ganas de seguir coméndoos? Pois eu si, iso non me quita a fame jeje
Ese tipo de procesos fanse con todo tipo de comidas... e ben que se comen!

Lémbrame a unha visita que fixeramos a Frinova (filial de Pescanova) na que vimos como facían os aros de calamares:
1º Trituraban e limpaban os calamares
2º Facián unha masa semi-líquida
3º Cunha máquina como a de facer churros ían facendo os aros


Via esebertus
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Reto: quen sabe máis de xeografia??
Unha curiosidade para aprender xeografía de forma divertida.

Este xogo vaiche pedindo que indiques distintos países, capitais, monumentos, etc. nun mapa. Canto máis te acerques máis puntos che darán.

Existen diferentes desafíos: buscar cidades europeas, de latinoamérica, bandeiras, capitais de todo o mundo, monumentos da UNESCO...




PD: coidado, é adictivo!!!
Parrafeo (5) - Categoría: Utilidades - Publicado o 25-03-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Grenoble

Esther esta estudiando un máster en Grenoble, coa excusa de ir visitala organizamos unha pequena viaxe polo este de Francia.

Avión de Oporto a Ginebra. Como somos catro nos compensa alquilar un coche pra facer o percorrido:

Xoves 19: Dijon, Autun, Beaune... un recorrido pola borgoña

Venres 20: Pasar por Lyon, Vienne, Valence e rematar en Grenoble con Esther.

Sábado 21: Chamberry, Annecy, Chamonix (ó pé do Mont-Blanc. Esperamos que aquí se nos una Esther (terá que faltar a clase...)

Domingo 22: De volta pra Ginebra, danos pra unha visita express de 3horas e pra mercar chocolate...


Veña, aproveitar pra viaxar que agora hai máis billetes tirados de prezo! ;)
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-03-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [58]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0