Castiñeiras


Críticos coa política lingüística dentro do PP
A través de chuza chego á noticia de que tamén hai críticos coa política lingüística dentro do PP.

Neste caso trátase de Rafael Cuiña que comeza un artigo en ElCorreoGallego deste xeito:

"Leo estes días con gran preocupación sobre as diferentes posturas na nosa sociedade sobre o chamado "Decreto do galego", que dan conta dunha alarmante fractura social entre os que consideramos que o idioma nai de Galicia debe ser un motivo de orgullo, e polo tanto, de potenciación sociocultural, e algunhas "pseudoelites" das nosas cidades, alarmadas por un suposto risco de desaparición do idioma castelán en Galicia.

O Partido Popular, no que milito xa hai anos, ten unha obriga moral de defender un dos alicerces fundamentais da nosa cultura como é o galego."


¿Sería moi grave un partido galeguista de dereitas similar ó PNV ou Ciu?
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2009 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Parrafeo(s)
1 Breixo! q o PNV e o CIU son de dereitas! weno... moi grave non! mentres#blgtk08# se defenda o galego a min parecemen ben... = e o q fai falla tamen :)
Parrafeo de Mª Esther (22-06-2009 17:38)
2 ups! jaja
quería dicir de#blgtk08# dereitas, xa está correxido ;)
Parrafeo de castinheiras (22-06-2009 17:42)
3 Xa o hai e chámase terra galega.E a quinta#blgtk08# forza galega.

Actualidade
Parrafeo de actualidade (22-06-2009 21:26)
4 Xa, pero andan divididos.. entre xoan gato e non me lembro quen máis. foron 5ª forza polos votos en Narón creo.
Tamén está o Partido Ga#blgtk08#leguista... inda q de galeguista parece que ten ben pouco.

O mellor sería q unha escisión do PP creara un partido galeguista ;)
Parrafeo de castinheiras (22-06-2009 21:44)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0