Castiñeiras


VII Festival Retrouso

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:

11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.

20.30 h: Empezan os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Cela.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde. Pásate.

Postea e difunde!!
Retrouso
Parrafeo (5) - Categoría: Festas - Publicado o 26-06-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Parrafeo(s)
1 Pasenlo #blgtk08#genial.
Parrafeo de Maria Isabel (26-06-2008 19:23)
2 mmm ese día... toca actuación#blgtk08# de Lembranzas en Portugal :P
Parrafeo de Enmeigada (26-06-2008 20:42)
3 ouh! boh! fose cal fose o día íades estar ocupados (me andivo a co#blgtk08#ntar meche o calendario de lembranzas jeje)

bikos!
Parrafeo de castinheiras (27-06-2008 00:36)
4 Buf e que lembranzas... Mola!! jejej#blgtk08#e!!! se non marcharas.... un bico!!!
Parrafeo de Enmeigada (27-06-2008 13:28)
5 Ala! E este ano non hai nin a chave, nin a cachisa, nin na! hehehehe, pasadeo moi ben #blgtk08#igual!

Eu este ano desafortunadamente perdome o festival! Q sexan risas
Parrafeo de M@Esther (27-06-2008 19:21)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0