Castiñeiras


Pradolongo
Esta tarde veño de ver a peli Pradolongo, unha peli "en galego de Valdeorras". Trátase da primeira peli rodada en galego e por galegos dende hai muitos anos.

E fun, non só pq fose en galego, a verdade é q a sinopse e o trailer tiraron tamén bastante, aquí volos deixo:


Xa nos cines!!
Vigo - Gran Vía e Norte
Pontevedra - Cinebox
Máis info



Sinopse:
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
Web oficial
Meu pradolongo
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2008 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 Ó comezo da peli é bastante lento, pero a medi#blgtk08#da que avanza vólvese moi entretida, ide vela!
Parrafeo de castinheiras (18-04-2008 22:04)
2 Dende que viñeron ó Mª SOliño a presentala, p#blgtk08#ois quedaronme as ganas de mirala!! besiños!!
Parrafeo de enmeigada (20-04-2008 13:27)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0