Castiñeiras


Trucos pra viaxar con Ryanair
Xa son muitos os viaxes que teño feito con esta compañía, e a verdade que ata o momento nunca tiven problemas. Pero o certo é que a base de percances vas aprendendo a aproveitarte dela ;)
Aquí vos deixo uns conselliños pras vosas viaxes:

- Coller os billetes de avión entre 2 e 1 mes antes de partir. Nesas datas se soen atopar os prezos máis baratos.

- Estar atento as ofertas. Cada pouco tempo Ryanair anuncia novas ofertas e novos percorridos e se estamos atentos á súa web poderemos conseguir un deses billetes tirados de prezo.

- Check-in Online: 5 días antes de partir, e se viaxades sen facturar equipaxe (é dicir, só cunha mochila ou maleta), podedes facer o check-in online. Isto vos aforrará colas á hora de embarcar no avión, pois con este método pasades a ser usuarios de embarque preferente :)

- Líquidos: antes de pasar á área de embarque hai que pasar uns controis de seguridade. Neles che pasan a maleta por un escáner. Cada vez son máis restrictivos co dos líquidos e non se permite levar nada que teña máis de 100ml. Aquí as normas máis explicadas.
Unha anécdota: Cando viaxamos a Viena quedeime sen un par de latas de mexillóns que levaba de 115ml snif snif! :'(

Máis cousiñas... se se trata dunha viaxe corta de menos dunha semana chega con levar equipaxe de man (permiten 10kg), e incluso se pode aforrar algo levando comida (líquidos non, pero comida si se permite). Ah, e co DNI chega pra viaxar por Europa, non fai falta levar o pasaporta (ainda q nunca está de máis).

En realidade estes trucos penso que serven pra todas as compañías aéreas de baixo coste, todo se pode investigar ;)

Un saudo e espero que vos sirvan de axuda! E se tendes algunha suxerencia xa sabedes ;)
Parrafeo (1) - Categoría: Utilidades - Publicado o 06-04-2008 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Parrafeo(s)
1 Que bueno que tienen esta posibilidad en Europa.Aquí no hay nada de es#blgtk08#o,sino ya estaría por hacer uno Aprovechen,eso no durara siempre.Bicos
Parrafeo de Maria Isabel (07-04-2008 15:02)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0