Castiñeiras


O retoque final
Pos que non o sepades, eu son moi aficcionado á fotografía, é algo que me encanta o de sacarlle fotos a case todo e gardar así os recordos (a miña memoria non é moi boa).

A raiz diso comezou a unha afección a modificar fotos e a xogar con elas. Pouco a pouco fun perfeccionando a técnica e gracias a iso puden ir retocando fotos ó meu gusto, tanto fotos antigas que me pedía a miña familia, como fotos novas que retocaba eu por que sí (non sei se mirastedes aquela modificación da foto do Gran Carballo).

E pra mostrar todo iso decidín crear unha web aparte: El Retoque Final.


A verdá é que ó comezo a miña idea era gañar algún carto con iso , vender os meus servicios como retocador de fotos, e por iso o escribín en castelán (sempre buscando novas formas de financiar as viaxes -como o de es-facil-).

A mayores lle puxen publicidade de google (pagan por cada click que se fai nos anuncios) pa conseguir algún carto extra.

Sen embargo, e en vista do pouco éxito xa a teño algo de lado. Déixoa feita en plan Galería pa mostrar os traballos que vou facendo, pero xa non aspiro a muito máis :P

E o da publicidade de google... pois a verda que non daba muitos cartos, dan cartos dependendo do sector e do que escribas no blog. Por iso tmn fixen o blog de Cursos de Bolsa, que da algún carto máis por clic...

Se queredes pasarvos e clicar estarei agradecido ;) Pero tp vos pasedes clicando, q seica google me castiga se hai moitos clics no mesmo día dende un mesmo ordenador (teño q ter coidado :P)

Por certo, que foto das retocadas vos gusta máis?
Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2008 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 pero como podré sacarme varios años de encima?
me pegare la foto en la cara Quizas ?jejeje.Ahora en serio,te felicito me encanta todo lo que hace#blgtk08#s,eres original y muy habilidoso .Mucha suerte y te tendré en cuenta.bicos.
Pdta:la foto tuya está tambien retocada y tienen mas edad ? ja.ja.ja
Parrafeo de Maria Isabel (20-02-2008 17:24)
2 Gracias por los cumplidos! :D

No no, a miña foto non está retocada jeje
Sacar anos#blgtk08# de enriba... uf, todo se andará pero inda teño q aprender muito de fotografía ;)

Saudos!
Parrafeo de castinheiras (21-02-2008 14:57)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0