Castiñeiras


Método Catalán
Blogueando un pouco topeime con este artigo de Turonio, gustoume tanto a idea q o vou reproducir aqui ;)



É tempo de pasar á acción. Os cuitadiños son os que sen saber por que falan castelán nunha terra onde a nosa lingua é a propia. Xa está ben de tentar ser bos e non ofender a ninguén.

Traio de Catalunha unhas aprendizaxes que cando menos vou experimentar, a ver que resultado dan. Resulta que en Catalunha son mui formais e correctos e o máis que fan cando dis que non es daló é preguntar en perfecto castelán e con cara de superbueniños (imaxinade como o faría Buenafuente) "Me entiendes cuando hablo en catalán?" e só hai unha resposta instintiva posíbel ante unha pregunta tan cortés.

Pois ben, eu suxiro que esa arma tan amábel e doce ben vale para a nosa terra. Cada vez que vas a un bar e pides un café con leite e o camareiro pon cara rara e pregunta se é un café con leche en vez de cabrearnos, apoucarnos ou sorprendernos o que temos que facer é a famosa preguntiña "oh, disculpa, me entiendes cuando hablo gallego no?".

Primeiro: porque quedas la mar de bien.
Segundo: porque é altamente humillante preguntarlle a un galego por mui castelan que fale se entende o galego.
Terceiro: porque ademais xa non che vai dicir nada mais e chegas a un acordo para dicir que ti falas galego e el que faga o que queira.
Cuarto: ten un alto valor subersivo xa que a xente non ve nunca o conflito lingüístico e así queda expresamente citado.
Blog de Turonio
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 Hehehehe
Flipei un pouco ao miralo aquí posto, alégrame que che gustase. N#blgtk08#on sei se ao artigo pero á idea hai que lle dar difusión. Graciñas por colaborar!
Parrafeo de turonián (29-11-2007 13:11)
2 Graciñas a ti! tiveche unha boa idea ;)

De todos xeitos se queres que non poña o teu artigo non h#blgtk08#ai problema, buscaría outra forma de redactalo, ainda que me gusta como está escrito :)

un saudo!
Parrafeo de castinheiras (29-11-2007 13:14)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0