Castiñeiras


Finca do Conde de Aldán
Seguindo coas mini-rutas destes días atrás, desta vez decidimos ir ata a finca do Conde de Aldán. A min ese lugar me encanta, e máis nesta época pois está cheo de castiñeiros.

O malo foi q claro, a xente non é parva, e inda q había moitos ourizos polo chan, as castañas escaseaban. Como nos comentou un home indignado q pasaba por alí: "e q a xente ven a coller nelas de mañá, antes de comer, despois de comer, á tarde...".

De todos xeitos, é moi agradable pasear por alí. Destacan o amago de pazo e o acueducto q hai no medio.

Pero non acaba ahi a cousa, ó acabar a finca do conde hai unha ruta de arredor de 14 muiños.

Fun hai anos por alí e daba gusto velos, pero penso q dende aquela q os restauraron non os volveron tocar, e agora hai muitas mesas, varandas, e partes de muiños q están destrozadas...

Despois desta mini-ruta nos achegamos ata o Mirador da Fraga (Moaña), dende alí se poden apreciar unhas moi boas vistas da ría de Vigo.

Tamén había castiñeiros e desta vez algunha castaña pudemos apañar :)

PS: non llo dighades a ninguén pero ese mono q se subiu ó castiñeiro era eu jeje
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 26-09-2007 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0