Castiñeiras


Castelo de Sobroso
Este xoves pasado, por cambiar un pouco da rutina de ir á praia, decidimos (Mara, Laura máis eu) achegarnos ata o Castelo de Sobroso e a Mondariz-Balneario.


Cando chegamos ao castelo dinme conta dq eu xa o visitara cando era pequeno. Creo q fora unha excursión de primaria ou algo así.


Leveime unha grata sorpresa, o castelo está moi ben conservado. No seu interior está instalado o q chaman un "Centro de Recuperación de Cultura Popular", q inclúe exposicións cos instrumentos de afiadores (na foto a bici dun afiador), apicultura tradicional, zoqueiros, telleiros,... explicaban o modo no q se desenvolvía antigamente cada oficio, estando os aparellos moi ben conservados.



Tamén tiñan un panal de abellas dentro dunha sala do castelo! O panal estaba totalmnt cerrado a excepción dun tubiño por onde entraban e saían as abellas, q se alongaba ata unha ventá próxima.


As vistas xeniais e a visita recomendable. Ó lado do castelo había unha aula da natureza, pero alí non nos paramos moito, pois fomos correndiño ata a praia fluvial q hai en Mondariz-Balneario.



Q ben se estaba naquela auga fria! Alí nos puxemos onde máis corrente había, q masaxe na espalda daba aquel chorro... :)~~

Moi ben o recorrido, ven ben coñecer sitios q temos cercanos (menos dunha hora d camiño) pero q pra maioría nos son case descoñecidos -hai q cuidar tamén do noso!;)-

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-09-2007 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0