Castiñeiras


O Gran Carballo (2ª parte)
Muitos diredes q son algo friki (ou moi friki) por poñerme a facer cousas destas.

Como xa vos contei hai algún tempo, modifiquei a foto do "Gran Carballo" (Major Oak) quitándolle os soportes e cables q tanto o afeaban.

Este foi un reto q me fixen xa q, cando chegara a ver esa gran árbore, me decepcionou o feito de q non estivera "ao natural". Así non era fácil asegurar q estabamos no bosque de Sherwood onde sucederan as lendas de Robin Hood.

Só de pensar o traballo q me costara rematar de limpar o carballo, non o podía deixar simplemente nun post neste blog e foi por iso q decidín ir máis alá pra q máis xente (interesada no Gran Carballo) o vise.

Así foi como contactei con John Palmer, un home q fixo unha web acerca do Gran Carballo así como un proxecto de facer un bosque de Gran Carballos, a partir das landras desta gran árbore.

A súa web é unha das máis visitadas acerca do Gran Carballo así q decidín pasarlle as fotos. O día seguinte contestou ó meu email, e xa ese mesmo día colgou as miñas imaxes na súa web.

Para a ocasión fixen unha galería na FotoBlogoteca co proceso de modificación completo.

Non sabedes o reconfortado q me sinto, agora o meu traballo será visitado por muita máis xente :)

Saudos!

PD: non é a primeira vez q fago cousiñas destas, igual algún día subo outros exemplos de traballos q fixen.
Wikipedia - Major Oak
Galería coa modificación do Gran Carballo
Web sobre o Major Oak
Parrafeo (3) - Categoría: England - Publicado o 12-09-2007 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Parrafeo(s)
1 es Frikisimo!! pero, xa que pasaches o traballo, aghora cando menos sabes que estarás axudando aos pobres e desfavorecidos turist#blgtk08#as que non saiban manipular imaxes e teñan que levar fotos feochas pra casa. es un Robin Hood do Fotoxó!

noraboa!!
Parrafeo de ruben (13-09-2007 14:54)
2 Pois si, recoñezo o frikismo coas fotos...

Supoño q cada un ten un frikismo, mesmo coñezo xe#blgtk08#nte q lle gusta o fútbol ou a fórmula 1!! (pfff)
Por suposto prefiren permanecer no anónimato jiji
Parrafeo de castinheiras (14-09-2007 12:32)
3 good a#blgtk08#rticle
Parrafeo de egyptian (02-09-2008 17:50)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0