Castiñeiras


Escocia (5de6): Glasgow
Penúltimo artigo sobre Escocia (teño unhas ghanas de acabar con eles xa...).

Pasou o luns 23 de abril cando saimos de mañá de Edimburgo en dirección a Glasgow.

Este día foi un pouco pocho, o primeiro no q nos choveu (era raro non ter chuva en Escocia!).

O primeiro q fixemos ó chegar foi dirixirnos ó hostal, as mochilas pesaban de raio e as forzas eran cada vez máis débiles, sobretodo despois das pateadas polas colinas de Edimburgo.

Coa mesma comezamos a visitar a cidade, ó lado do noso hostal atopábase a Kelvingrove Art Gallery. Ata alí nos acercamos pasando por uns bonitos xardíns (foto).

A galería de arte era algo extraña, trataba de tratar mil temas distintos pero o facía ben. Alí podías ver dende unha chea de reproduccións de animais, armaduras medievais, unha muller restaurando un cuadro ata incluso o cuadro de Salvador Dali: "El cristo de San Juan de la Cruz".


Dende alí fomos en dirección ós xardíns botánicos, mais como quedaba de camiño decidimos pasar polo museo do transporte... e q ben fixemos! o museo era enorme e estaba moi ben, con mil coches, motos, barcos, trens etc. e a súa evolución dende os primeiros motores ata o máis moderno. Ademais unha das cousas q máis nos gustou, dentro do propio museo tiñan a reprodución dunha rúa de 1938! e tmn un cacho de estación de metro, tmn de época. Creo q o de Glasgow fora o 3º metro do Reino Unido.

O sair do museo achegámonos finalmnt ata os xardíns botánicos. Taban moi ben e eran enormes. Inda por riba tabamos encantados dq os invernadoiros foran enormes, tabamos fartos de andar baixo a chuva. Despois de visitar todos os invernadoiros (inda nos levou o seu tempo) decidimos quedarnos ali dentro a comer, como pra irse fóra co q chovia!
Falando de comer... alí había unha sala enteira dedicada a plantas carnivoras! q chulada! :P

O rematar de comer fomos directos o metro pra ir en dirección ata o outro extremo de Glasgow. Miramos un pouco o centro e fomos visitar o People's Palace, museo da xente de Glasgow. O malo foi q xa eran case as 5, hora de cerrar, e foi moi pouco o q vimos dese museo. A verdá q máis q nada o bonito era ber o edificio e o seu anexo (outro invernadoiro).

Non podíamos deixar pasar o dia sen achegarnos ata a Catedral de Glasgow. Metémonos por esas míticas rúas perdidas polas q o número de turistas q pasa debe ser moi escaso. Pero conseguimos o obxetivo de chegar canto antes ata a catedral.

Alí nos perdemos dentro desta catedral gótica, derreados de tanto patear. Quen nos vira inda se podía botar unhas risas, mirabamos a catedral andando catro pasiños e sentándonos nos bancos, outros catro pasos e outra vez sentados... pouco a pouco fomos arrastrándonos ata a cripta sobre a q se construira a catedral. Tou seguro dq se quedasemos alí a durmir ninguén se ia enterar xD

Sen forzas pra muito máis a iso das 8 puxémonos rumbo ó hostal.

Foi un día ben aproveitado, vimos todo o q tiñamos ganas de ver e incluso algo máis. Pero tmn era un deses días dos q se saes de casa é pq estas obligado, pra un día q estabamos en Glasgow, por muito q chovera non iamos quedar no hostal!

Pero inda non acabou ahi a cousa. Despois de descansar no hostal fomos na busca dalgún local no q tiveran música tradicional escocesa en directo. Preguntámoslle á recepcionista e nos indicou tres cercanos, mais nos dixo q ó ser luns q era moi dificil q houbese música en directo.

Inda así nos achegamos ata un deles, era un pub pequeno e moi acolledor, cun nome gaélico q non me da a virada pra recordar e con música tradicional escocesa de fondo. Estabase ben e inda estaba bastante cheo. Tomamos unha pinta relaxadamente falando e recordando os sitios nos q estuveramos polo día. Non estivemos muito xa q o corpo nos pedía descanso e ó día seguinte había q volver a madrugar... pero iso xa e cousa doutro artigo ;)

Saudos!

PD: por certo, foiseme un pouco a olla levando a falda escocesa... en Edimburgo facia mellor tempo :S

PD2: en breve algunhas fotiños na galería
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 18-05-2007 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0