Castiñeiras


Enterro do paxaro e volta a Cardiff
Era o último día q ía pasar no Morrazo e tiña q aproveitalo, metímonos no medio do desfile como en Verín, pero desta vez non só eran panderetas o q soaban, senon q tamén trouxo a ghaita o Ghaiteiro de Lapamán (á dereita da foto).

Non iamos todos disfrazados de xoaniñas como en Verín, pero a festa faciamola igual.

Ó chegar o final do desfile puxemonos a esperar no paseo a que se queimase o paxaro (si! este ano queimouse de verda!). Como facía un frio de medo puxemonos a quentarnos tocando e beillando, iso si, o de beillar na area branda é algo chungo, deixamolo pronto pa evitar torcer tobillos..
Image Hosted by ImageShack.us

A queima do paxaro foi moi bonita, das mellores q se recordan. Despois fomos rapidamnt ó Lambedeiro do Viño (bar de meu primo) a cear. Coa mesma inviteinos a un pouco de tarta polo meu cumple :)

O peor de todo é q andiven ás presas, ás 11 sain de Bueu pra miña casa. Inda tiña q tomar algo cos meus padriños, preparar a maleta...

Con todo ás 2 metinme en cama, pra levantarme o dia seguinte ás 7.30 pra ir a Compos. Acabei mallado de andar toda a semana de festas, pero como sempre me di meu pai:

"sarna con ghusto non pica"


A volta a Cardiff foi dura, non cheguei ata ás 11 da noite. Tiven que pasar unhas horas por Londres e visitar algo Chelsea pra facer tempo mentres non me saia o megabus.

Aki unhas fotos q tomei, o cementerio de Chelsea q hai o lado do hospital e o outro unha iglesia ou algo asi q taba ó lado.

Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us

No avión Compos-Londres unha coincidencia: xusto se sentou ó meu lado unha canguesa (Laina), non a coñecia pero como me soaba a sua cara nos puxemos a falar. Ia acompañada de Mané pra pasar uns días no piso duns amigos de Londres.

Agora en Cardiff teño q entregar un traballo o luns, a partir de ahi relax :)

Este foi o resumo da semana, espero q non vos aburrise a lectura ;)
Tardarei en escribir por culpa dese traballo.

Un saudo!
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 01-03-2007 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Parrafeo(s)
1 Mira ti por onde me vou a atopar cun de cangas q coñece a miña irmá e o seu mozo, que coma sempra van dando a nota ( ou facendo ruido?) ali por onde van

#blgtk08#Que che sea leve cos ingleses, buff.. perdon, que non se entere ninghen, ¡cos escoceses!

Un saudiño dende enfrente o lambedeiro.


Parrafeo de Son de Bueu (09-03-2007 23:26)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0