Castiñeiras


Xa teño móvil chino doble!
Si, como muitos xa sabedes volvinme un friki con este tipo de móviles.
Son móviles que permiten utilizar dúas tarxetas ó mesmo tempo.

Agora teño unha tarxeta de Yoigo pra chamar a Laura e móviles non-vodafone (chamadas a yoigos 1hora ó dia gratis e o resto 12ctms/min TARIFAS) e outra tarxeta de Vodafone que uso habitualmente.

Pra non ter que andar con dous móviles merquei o móvil Anycool D58, un móvil dual do máis simple:
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Pero que inclue reproductor de MP3, pantalla táctil e sobretodo... doble ranura pra meter tarxetas!


Tedes muita máis info neste blog:
www.movilesdualsim.com
e neste foro onde falan específicamente destes móviles:
www.forodualsim.com
Parrafeo (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2008 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
INDEPENDENCIA!
Pois si, como vos comentaba o outro día Laura máis eu xa nos independizamos!

Estrenamos o piso este venres pasado, pero estivemos todo o fin de semana a carrexar mobles e roupa dun lado pa outro.

Inda queda muito por facer e por mercar, pero o imprescindible pra poder facer a nosa vida no piso xa o temos!:D

PD: fáltame internet, pero sobrevivirei uns días sin el :P
Parrafeo (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
O castelán corre perigo de desaparecer en Galicia...


...ou iso é o que pensan algúns.

Onte mirei esta noticia en Chuza que me deixou sorprendido:

Nai descobre que nas galescolas falan galego !!!

Nai preocupadissima e agobiadissima porque na galescola o seu neno non é atendido en castelán. Imaxino que ficará horrorizada cando descobra que na Alianza Francesa as clases son en francés ... Non se perdan os comentarios, que responden con toda seriedade.


Son membros de Galicia Bilingüe, unha asociación na defensa do castelán, tan necesario en Galicia porque se están perdendo falantes en Galicia... que empanada mental teñen algúns!!
Parrafeo (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2008 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chove, venta e o barco parecía o dragón khan
Chove, venta e o barco parecía o dragón khan (by Rubén)



Detalle de Davila na camisola da dereita ;)
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños: A Revolta 2008
Unha pasada como o ano pasado :)
Free Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.us

Pros que preguntades "qué é un xogo de rol en vivo?"
-NON nos poñemos a tirar os dados pra ver quen perde vidas.

As batallas son:
-Espadas, arcos, lanzas, machados (brandos pra que non doan)... e se che da o enemigo quitas un punto de vida (comezas con 4 + pócemas e armadura)

O resto da partida... pois tratar de facer o teu personaxe, intrigas, confabulacións, traicións... Eu era campesiño, pero había de todo: soldados, monxes, mariñeiros, burgueses, fidalgos... incluso mendigos que quitaban puntos de vida só por tocar ó inimigo! jajaja (auto-chamábanse "comando lepra" :D)
Free Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.us

Os organizadores teñen moito mérito por conseguir mover a tanta xente, ainda que claro, non se podía contentar a todos e houbo moitos "enfados"(que si cambios de regras, paróns nas batallas, etc...)

Non me gustou que había excesivo nº de lanzas, case non se podía loitar con espada. Pero en xeral moi ben a experiencia, espero poder repetir o ano que ben :)

Hai un cachiño de vídeo do ano pasado aquí: www.irmandinhos.com
Parrafeo (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [29]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0