Castiñeiras


Asociación Americana de Amantes dos Columpios (AAAC :P)
Unha destas frikeces que se atopan cando navegas por internet: National Swinging Association, ou asociación americana de amantes dos columpios (AAAC :p)!

Fan competicións e piruetas en columpios, pa que vexades que en yankilandia hai de todo. Aquí tendes un video-exemplo:



Via microsiervos
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto: O galego é útil
O galego tamén é útil fóra de Galicia.

Esa é a idea que un grupo de galegos asentados en Londres está promovendo a través dun manifesto interactivo, accesible a través deste vínculo o Galego é util.

Entre as vantaxes de falar o idioma propio do noso país, o manifesto salienta que o galego "axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional".

¿Hai algunha lingua que non sexa útil? "óense con demasiada frecuencia comentarios que descualifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha lingua que non serve para nada fóra da nosa terra, quizais non é mala idea gritar obviedades por internet".

Comentábame hai pouco Esther, que está estudiando en Grenoble (Francia), que moitos dos seus amigos son brasileiros...

Via Vieiros

O Galego é útil
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2009 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
¿Cómo preparan os Döner Kebab?
A alguén se lle deu por pensar cómo se prepara a carne dos kebabs?

Hai pouco atopei este curioso vídeo no que se ve unha planta na que preparan a carne que despois vemos nos típicos establecementos onde venden Döner Kebabs:


Noxo? Tedes ganas de seguir coméndoos? Pois eu si, iso non me quita a fame jeje
Ese tipo de procesos fanse con todo tipo de comidas... e ben que se comen!

Lémbrame a unha visita que fixeramos a Frinova (filial de Pescanova) na que vimos como facían os aros de calamares:
1º Trituraban e limpaban os calamares
2º Facián unha masa semi-líquida
3º Cunha máquina como a de facer churros ían facendo os aros


Via esebertus
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Reloxo-Limón


Curioso invento, un reloxo que funciona durante unha semana só coa enerxía que produce un limón :)


Via Ecoinventos
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2009 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Hora punta en Tokyo
Inhumano! Pensade por un momento que estades na pel de calquera deses japoneses... non vos resulta claustrofóbico??

Parrafeo (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0