Castiñeiras


Utilidades: MSN anti-xefes

Continuo con outra utilidade que descubrín hai tempo gracias a uns amigos traballadores ;)

Trátase do MSN Plus, é un añadido ó famoso Messenger.

Ofrece un sinfín de utilidades, pero eu basicamente eu o recomendo por dúas razóns:

Agrupa as conversacións nunha soa ventana e podes ir dunha a outra a través de pestaña (como co Mozilla).

Se pulsas Ctrl+Espacio oculta o MSN e todas as ventás activas de forma automática, moi útil se ves q o teu xefe se achega ó teu ordenata
(non digo q eu o utilice... :P).

Aquí as características, un artigo na wiki e un enlace dirixido a descargar o programa ;)

Espero que vos guste, xa me contaredes se é útil!

PD: en especial para Laura que o necesita por esa segunda razón jiji
Parrafeo (4) - Categoría: Utilidades - Publicado o 26-03-2008 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Utilidades
Xa levo algún tempo escribindo sobre cousas útiles das que fago uso habitualmente.

Que si un programiña online(o Picnik) q serve pra modificar fotos; como conseguir información gratuita a través da revista InfoXove; un completo notificador de emails; unha explicación de cómo fixen pra conseguir un móvil gratis e tamén unha web q utilizo pra poder enviar sms gratis...

Como xa ian sendo bastantes cousiñas decidín q podía ser boa hora pra crearlle a súa propia categoría (Utilidades) na que seguirei escribindo acerca de todas estas cousiñas útiles q manexo e q penso q tamén poden ser útiles pra todos vos.

Un saudo!

PD: parece q hoxe non fun o único q decidiu abrir categoría jiji
Parrafeo (3) - Categoría: Utilidades - Publicado o 13-01-2008 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
SMS Gratis
Ante todo dexesarvos a todos e todas q vos recuperedes da resaca de fin de ano e q teñades un FELIZ 2008! ;)

Hai xa un tempo q veño utilizando o envío de sms a través de internet. Hai uns anos utilizaba un programa moi chulo chamado WinSMS, o malo é q cada vez era máis dificil atopar servidores gratuitos que che deixaran enviar emails e o programa deixou de existir. Agora creo q siguen con outro programa parecido chamado smsxeon, máis info en www.winsms.org

Ultimamente estou a utilizar unha páxina q é gratuita e vai bastante ben (inda q claro, ó ser gratuito o normal é q a veces falle).

A páxina en cuestión é www.smsadictos.es e os pasos pra mandar o sms son sinxelos.

Nesta páxina aproveitan pra anunciar e explicar como vai o funcionamento de es-facil para gañar cartos por ler correos, xa o explicara eu ahi algun tempo aqui ;)

Está ligada a outra (ganardineroporcorreo.es) q básicamente ten o mesmo contido pero co formato un pouco cambiado.

Espero q isto vos sexa de utilidade, sempre é bo poder conseguir cousas de balde. E máis pra conseguir pasar a famosa costa de xaneiro :P

Saudos!
Parrafeo (3) - Categoría: Utilidades - Publicado o 02-01-2008 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Móbil gratis
Hai uns días vos falaba da morte do meu móbil, probiño el.

O seu funeral foi o sábado pasado, cando fumos a casa de Esther a celebralo por todo o alto.

Como vos comentaba naquel artigo, eu conseguira ese móbil gratis. E agora vos explico un pouco como:

Eu tiña contrato de Vermello (non vou faser publisidá:P), fun a unha tenda de Verde (ainda non se pasara a laranxa) e pedín que migraran o meu número, é dicir, cambiar de compañía mantendo o mesmo número.

Firmei o novo contrato coa compañía Verde, ianme regalar un móbil cando rematara a migración...

Ó cabo de 10 ou 15 días (eu todo nervioso pq non queria cambiar d compañía) chamaronme de Vermello. Isto pasa sempre e é seguro, pois os da compañía Verde teñen q pedir permiso á compañía Vermella para poder utilizar o seu número.

Na chamada preguntáronme pq me cambiaba, eu llo dixen sen problemas (pq é máis barato e pq necesito móbil novo). O final, ofrecéronme máis do q me ofrecían na compañía Verde.

Despois de facerme de rogar un pouquiño conseguín que me regalaran ese maravilloso móbil (q costaba daquela 60?), unha oferta na q só pagaría o 50% das seguintes tres facturas a cambio de manterme ano e medio máis na compañía Vermella...

En fin, un deses regalos q fan pra evitar q a xente marche dunha compañía. Pero en cambio, se o pides por puntos ou simplemnt amenazas con cambiarte... ou non che dan nada ou danche un móbil barateiro.

Iso si, importante cumplir 2 requisitos:

1ºTer o móbil por contrato e a factura domiciliada ó teu nome.
2ºNon ter un contrato de permanencia.


E indico estes dous requisitos pq dous amigos quixeron facer o mesmo ca min. Un tiña o móbil a nome da súa nai e o outro tiña contrato de permanencia (os dous acabaron sendo Verdes :P)
Foto sacada de Movilae
Parrafeo (5) - Categoría: Utilidades - Publicado o 28-12-2007 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Notificador de mails
O q hoxe vos mostro aquí é unha utilidade q levo muito tempo utilizando. Trátase do notificador de mails DynAdvance, q che libera de muito gasto de tempo innecesario.

Supoño q haberá quen lea isto e xa coñeza o notificador de mails de Gmail (Gmail Notifier). Pero o q vos mostro neste artigo serve pra todo tipo de contas (gmail,hotmail,yahoo...).

Basicamente son tres as vantaxes q este programiña aporta:

1-Non é necesario q habras o navegador, teclees a páxina, escribas usuario e login... con dous clicks enriba da conta q tes configurada e xa che fai todo o anterior!

2-Avísache se tes algún correo (non tes q abrilo pra comprobalo cada certo tempo)

3-Podes configurar varias contas á vez (eu teño unha antiga de hotmail, unha de gmail "formal" e outra de gmail q utilizo pra recibir os correos de publicidade de es-facil - si, a web q vos recomendaba hai pouco pra gañar cartos por recibir correos-).

En fin, q está moi ben. O malo é q o programa en cuestión q coñezo e utilizo é de pago, co cal hai q meterlle un crack pra poder usalo. Pero isto non é problema, neste enlace q vos poño ven todo incluido jiji

Un saudo e espero q vos sirva de utilidade!


PD: non actualizar o programa, senon o crack non funciona (a ver se os crackeadores o actualizan jeje)

PD2: outros 2 enlaces máis por se acaso o anterior non funciona: un e dous ;)
Enlace pra conseguir o programa con crack
Parrafeo (0) - Categoría: Utilidades - Publicado o 09-12-2007 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0