|
|
|
Son de Simyo! |
|
O outro día déuseme por mercar unha tarxeta de simyo. Resulta que topei un código promocional :)
Con el e por só 1? me deron unha tarxeta con 10? en chamadas (onte me chegou e xa a utilicei jiji)
Pra mercala tarxeta podedes ir á web de simyo, despois poñer este código promocional cando cho pida: 6444ogionoyDT
Un saudo e que vos preste! ;)
PD: se vos fixades no código, lido ó revés di "yonoigo". Algo así como un xogo de palabras pra dicir "yo no oigo" ou "yo no soy de yoigo" jeje |
|
|
|
O novo Firefox en Galego |
|
Pois dúas cousiñas con respecto ó artigo anterior, na web de mancomun.org nos explican como facer pra traducir o Firefox 3 ó galego.
E outra frikez máis, aquí vos deixo un contador no que se pode observar o nº de descargas deste navegador por paises:
Contador de descargas en vivo.
Saudos! |
|
|
|
Día Mundial da Descarga (do Firefox) |
|
Hoxe preténdese conseguir un novo Récord Guiness.
A intención é ser o programa máis descargado en 24horas.
Para os que non o sepades, o Mozilla Firefox é un navegador como o IExplorer de Microsoft. Sen embargo, este explorador é de balde, máis rápido, seguro e personalizable (por iso eu o recomendo;).
En Galicia comeza a descarga hoxe martes 17 ás 19horas (aquí unha táboa con todos os fusos horarios) e claro, estará ata mañá mércores ata as sete da tarde.
Un saudo! |
|
|
|
Abrindo unha maleta sen chave do candado |
|
Acabo de flipar mirando este vídeo que atopei "meneado" ;) |
|
|
|
Trucos pra viaxar con Ryanair |
|
Xa son muitos os viaxes que teño feito con esta compañía, e a verdade que ata o momento nunca tiven problemas. Pero o certo é que a base de percances vas aprendendo a aproveitarte dela ;)
Aquí vos deixo uns conselliños pras vosas viaxes:
- Coller os billetes de avión entre 2 e 1 mes antes de partir. Nesas datas se soen atopar os prezos máis baratos.
- Estar atento as ofertas. Cada pouco tempo Ryanair anuncia novas ofertas e novos percorridos e se estamos atentos á súa web poderemos conseguir un deses billetes tirados de prezo.
- Check-in Online: 5 días antes de partir, e se viaxades sen facturar equipaxe (é dicir, só cunha mochila ou maleta), podedes facer o check-in online. Isto vos aforrará colas á hora de embarcar no avión, pois con este método pasades a ser usuarios de embarque preferente :)
- Líquidos: antes de pasar á área de embarque hai que pasar uns controis de seguridade. Neles che pasan a maleta por un escáner. Cada vez son máis restrictivos co dos líquidos e non se permite levar nada que teña máis de 100ml. Aquí as normas máis explicadas.
Unha anécdota: Cando viaxamos a Viena quedeime sen un par de latas de mexillóns que levaba de 115ml snif snif! :'(
Máis cousiñas... se se trata dunha viaxe corta de menos dunha semana chega con levar equipaxe de man (permiten 10kg), e incluso se pode aforrar algo levando comida (líquidos non, pero comida si se permite). Ah, e co DNI chega pra viaxar por Europa, non fai falta levar o pasaporta (ainda q nunca está de máis).
En realidade estes trucos penso que serven pra todas as compañías aéreas de baixo coste, todo se pode investigar ;)
Un saudo e espero que vos sirvan de axuda! E se tendes algunha suxerencia xa sabedes ;) |
|
|
|
|
|
|