Castiñeiras


Festival Intercéltico do Morrazo
Así quedan finalmente os horarios dos obredoiros do Festival Intercéltico de Moaña. Información recopilada por Milego.

GAITA:
luns, martes, mércores e xoves de 20:00 a 22:00 h.

PERCUSIÓN:
luns, martes e mércores de 18:00 a 20:00 h.

BAILE TRADICIONAL:
mércores de 18:00 a 20:00 h.
xoves de 17:00 a 18:30 h. (Perfeccionamento)
venres de 12:00 a 13:30 h. (Perfeccionamento)
venres de 17:00 a 19:00 h.
sábado de 12:00 a 13:30 h. (Perfeccionamento)


DANZAS EUROPEAS
:
mércores de 18:00 a 20:00 h.
xoves de 18:30 h. a 20:30 h.
venres de 19:30 a 21:30 h.

O sábado de 17:00 a 19:00 h. haberá unha clase para a xente dos tres obradoiros: baile tradicional, perfeccionamento e danzas europeas.

Estes obradoiros son de carácter TOTALMENTE GRATUITO. Terán prazas limitadas, e podedes anotarvos na Casa de Turismo de Moaña ou no teléfono 605094203 (Manolo). Teñen lugar no Centro Cultural Ramón Cabanillas.

Máis información en: Festival Intercéltico ou Milego.
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 01-08-2007 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Arrinca o Chanscontro
Chanscontro (VI Festival Retrouso) en Cela (Bueu) este sábado 21


Este sábado celebrarase o Chanscontro, festa pra xogar, pasalo ben e tamén bailar. A Busca do Tesouro q organizamos Ruben, Francho máis eu comezará a iso das 10 da mañá do sábado. Aquí vos deixo a noticia publicada pola Voz de Galicia sobre o Chanscontro:

"A Asociación Cultural Retrouso de Cela ultima os preparativos da segunda edición do Chanscontro, que se celebrará o próximo 21 de xullo, sábado. Trátase dunha xornada de convivencia, xogos e música que dará paso ao VI Festival Retrouso.

O colectivo indicou que debido á boa acollida do 2006 o Chanscontro mantén o seu esquema. A cita será no complexo recreativo de Chans, co permiso e a colaboración da Comunidade de Montes de Cela, que leva varios anos traballando para situar na zona mesas de pedra, asadores, espazos para xogos e un miradoiro sobre a ría de Pontevedra.

As actividades empezarán ás dez da mañá.«O obxectivo é que sexa un día para ou encontro dos veciños, sexan da parroquia ou de fóra dela. Un día para pasar en familia, onde poidan participar non xogos rapaces, pais e avós»."

PS: un consello, vinde con roupa cómoda e con moitas ghanas de pasalo como nenos pequenos!! :D
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 19-07-2007 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Lume no Salason

Dixérame Meche de ir a velo ata o Luar, xa q concursaba por ver se chegaba a semifinais do programa "Vai de Baile".

Pero nun comentario anterior tamén me dixo Rubén de ir ata o Salason ó concerto de Lume. E claro, de ir ao Luar non podería beillar nada q era o q máis me apetecia jeje e por iso decidín finalmnt quedar en Cangas.

O concerto estivo moi ben, música animada en todo momento. O malo era q faltaban beilladoras, e claro, como nos (Rubén máis eu) tiñamos muitas ganas de beillar alí saimos os dous botar uns puntos ó son dunha muiñeira.

Xusto despois dixeron q ian tocar unha polca e polo público se escoitou algo así como "a ver agora quen baila!" (acordamos q non tiñamos tantas ganas de bailar como pra bailar un agharrado os dous...).

Máis adiante chegaron reforzos: meu primo rematara de currar e con el chegaron Silvia e Ire. Non pasaran dous minutos dende q entraran elas e xa estabamos bailando todos.

A verdá q eu estaba moi desentrenado, pero weno, xa practicarei máis á volta. Despois do concerto fomos tomar a última ó Triskele e coa mesma pra casiña, que hoxe comeza a viaxe cara Polonia.

O de Polonia é un cursillo de "internacionalización de empresas" ou algo parecido (costoume escribir o palabro!). O finde de San Xoan seguramnt alquilemos un coche e iremos visitar cidades como Cracovia ou/e Varsovia. Xa o contarei á volta. O 30 deste mes ás 23.30 está previsto q voltemos a Porto e por fin esa noite durmirei na casiña.

Ata entón, saudos!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 16-06-2007 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
A noite n´A Curva
Como ben dixo Meche, onte había moitos sitios a onde ir e finalmente convencímonos (el a min de ir a Beluso e eu a el pra ir á Curva :P).

A Evolución dos feitos

Chegamos a iso das 10 menos cuarto a Beluso pra escoitar ó cantautor Alex (O neto de Manoel). Carallo como cantaba e tocaba a guitarra! gustoume a actuación, ó principio cancións algo paradiñas pero despois foi animando o ambiente con máis ritmo :)




Rapidamente despois do concerto fomos ata o bar A Curva, xusto ó chegar empezaban a tocar os pequechos de Nerga cos que nos fomos turnando a tocar toda a noite.Image Hosted by ImageShack.us

E despois duns bailes, soltos, agharrados, un tango tocado cun acordeón,...
Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us
algún q outro intento de aprender a tocar a ghaita!!Image Hosted by ImageShack.us
Na foto Ramón e Noe, Ramón como un tomate do esforzo, parece q lle van rebentar as venas!

Finalmente, e un poco como compensación a ternos aturado toda a noite, axudamos un pouquiño a recoller o bar ;)
Image Hosted by ImageShack.us

Foi boa!

Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 14-04-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Nerga
Este será o 3º serán celebrado no bar "A Curva" en Nerga, como ben sabedes, celébranse o 2º venres de cada mes.

Se este venres tendes ghana de festa, de escoitar ghaitas, beillar, cantar e pasar un bo rato xa sabedes onde ir.

Por certo, pros q non sepan como chegar ahi tendes o mapa ;)

Saudos!

PD: desta vez por fin podo ir xa q ata o 18 non volvo a Inglaterra :)

Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 09-04-2007 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0