Castiñeiras


A Danza de Darbo
Este xa é o segundo ano q bailo esta famosa Danza e Contradanza de Darbo. Pola mañá penso q quedou moi ben e os erros lóxicos q soe haber creo q non se notaron moito.

Pola tarde saiu algo peor, pero weno, nada demasiado grave.

A pena este ano foi q non tiven a quen deixarlle a cámara e non teño fotos :S Xa sabedes, quen teña fotiños por ahi a ver se mas pode pasar ;)

Por certo, q miña nai andaba toda contenta pq saín na portada do Faro ó lado de Iria :) Ahí vos deixo a foto.

Á noite sain por Vigo de despedida: unhas amigas marxan agora a currar a Madrid, muita sorte!;)

PS: e hoxe domingo outra vez a Darbo a despedir as festas :D
Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 09-09-2007 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira Franca
O sábado, fomos pola mañá os de Retrouso a tocar e bailar nunha voda en Baiona, despois houbo ensaio á tarde cos de Lembranzas e pra rematar o tute alá fomos Meche, , Laura máis eu ata a Feira Franca de Pontevedra.

Ahi se nos ve na foto vestidos de "San Fermines de luto" ou algo polo estilo, o certo é q ia máis acorde coa época Meche q levaba pantalón de liño e zocos. Eu en cambio ia cun pantalón marrón normal e uns tenis tamén marróns, ainda q como se di "de noite todos os ghatos son pardos" ;)

Por certo, a probiña da botella de LK ó ladiño, deixamola abandonada pra sacar a foto... :P

Saudos!

Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 05-09-2007 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fogos artificiais en Cangas
O domingo pasado e como é tradicional houbo un espectáculo pirotécnico en Cangas. Como sabiamos q ia ser sobre ás 11 da noite decidimos ir un pouquiño antes ata a "pedra do elefante" enriba da Choupana, de onde hai moi boas vistas de todo Cangas.



Conseguin sacar algunha fotiño chula dos fogos ainda q foron muitas as q tiven q borrar :P


A min a verdade é q este ano os fogos non me gustaron moito. A traca final estivo moi ben pero o resto do tempo foi algo aburridillo.


Fixéronme gracia uns fogos q saian do mesmo sitio en plan ametralladora disparando dun lado a outro do ceo.

Alguén viu os fogos? q tal vos pareceron?

Saudos!

PD: a última foto non son fogos, senon q fun eu xogando cunha función da cámara q mantiña o obturador aberto muito tempo. Ó movela cámara no intre q sacaba a foto quedaron así as luces de Vigo.
Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 29-08-2007 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Moita festa!
Outro ano máis o festival de Vilariño non decepcionou. Nós chegamos un pouco tarde xa q antes tivemos q bailar en Cangas, nas "Noites de Folclore". Perdémonos a actuación do grupo Treixadura, pero chegamos a tempo de ver en acción a Freetanga, Guezos e A Compañía do Ruido.


En xeral os grupos gustaron moito, po meu gusto non eran de demasiada calidade pero si de muitísima festa!! Notábase q o pasaban en grande tocando e iso o público o nota uníndose á festa :)


A maiores entre tanto Likor Cafe e demais bebidos normal q a xente non parase de moverse jeje


Os concertos remataron sobre as 5.30 da madrugada, seghun me contaron q despois inda seghiron por ali tocando a ghaita ata altas horas da mañá, e non serían poucos os q chegaron a casa sendo de día... jeje


Saudos!!
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 20-08-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Folc de Vilariño
I Semana Cultural "Marta Entenza"

Luns 13 de agosto
22:30h Cine "As crónicas de Narnia"

Martes 14 de agosto
24:00h O Serán do Ghato Din q vai chover, a ver se non jode o serán...

Mércores 15 de agosto
22:30h Homenaxe a Alberto Coya
23:00h Regueifas con Luis Caruncho e Benito Lobariñas

Xoves 16 de agosto
Cine ?Un franco, 14 pesetas?

Venres 17 de agosto
Contacontos


Festa Folc de Vilariño
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 13-08-2007 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0