Castiñeiras


Entroido do Hío: fotos!!
E en especial da comparsa de Nerga.
Nesta galería teño subidas unhas pouquiñas fotos deste entroido que reune a tanta xente.

Moita festa e moi ben o pasamos estes días.

Por certo, hoxe á noite celébrase o "sábado de piñata", é dicir, cos cartos que sobraron do carnaval faise un último día de festa.

Iremos disfrazados!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 09-02-2008 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Carnavales do Hío
E outro aniño máis tocou perderse durante uns días pola parroquia do Hío.

Tivemos máis sorte q o ano pasado coa chuva, só orballou un pouquiño o luns e o martes, nada demasiado grave (non como o ano pasado camiño de Pinténs...).

Moita festa, muito viño, e muitísima xente. Ainda q en realidade creo q había menos q outros anos... ó parecer iso dq fora tan cedo o entroido non lle viu moi ben á xente...

Este vídeo é do luns pola mañá, despois de pasar por Vilariño nos dirixiamos ó Igresario.

A comparsa de Nerga facéndolle pasillo ó resto de comparsas.

Risas, diversión, muito viño e LK e muito bo rollo!!


Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 06-02-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cigarróns en Vigo
Pois si, como me diciades nos comentarios do artigo anterior andaba bastante canso e liado estes días jiji.

Tiña ganas de colgar este video e inda por riba non daba feito... :(
Ahí nos vedes correndo no colexio Miralba, q sensación a de q todo o mundo te estivera mirando. Muitos coas mans tapando as orellas polo ruido q facíamos coas chocas ;)


En xeral quedei cunha sensación moi boa, moitas risas, a xente mirando pra nos apampada, algúns se metían con nós pra que lle déramos latigazos....

É certo que as chocas pesaban a dios e as faixas ian moi apretadas, pero ben valeu a pena a experiencia!

Por certo, eu son o q ia coa máscara cun gato montés, o último da fila q se ve no video máis preto ;)


Onte disfrazados de mimos por Cangas, e hoxe domingo ata o mércores toca desaparecer!

Vémonos no Hio!

VIVA O CARNAVAAAAL!!!
Rebordondo
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 03-02-2008 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá serei Cigarrón!
Gracias a Benito este venres 1 de febreiro poderei gozar durante unhas horas coa sensación de ser un Cigarrón.

Será no colexio Miralba de Vigo, alí estarei con parte da familia Salgado q tan amablemente me deixou participar desa festa ;)

Din os q o probaron q o traxe pesa a dolor, sobretodo as chocas! Ademais seica apretan muitísimo as faixas... xa contarei a sensación...

O mellor será o darlle latigazos ós rapaces! :P



O ano pasado pasáramolo en grande no entroido de Verín, muita festa nos dous únicos días q estivemos.

Unha pena q este ano non fóramos de volta, pero pa outro ano se intentará ;)

Saudos!
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 31-01-2008 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Inaguración do piso de Lidia
Xa pasou un tempiño (foi o venres 14), pero agora subo unhas fotiños daquela noite.

Foi unha noite de enchenta, comemos alí a fartar e inda así sobrou muitísimo.

Despois da cea empezamos, como quen non quere a cousa, a tocar e cantar. Ó principio baixiño e tratando de non facer muito ruido por medo ós veciños, máis tarde xa tocabamos sen medo ningún (houbo expedicións fóra do piso pra comprobar a insonoridade das paredes e tmn averiguar se había veciños cerca jeje).

O licor café e a crema de orujo facía q a xente se animase máis a cantar, tamén bailamos un pouquiño. E ata alguén nos deleitou coas súas dotes artísticas co debuxo ;)

Saudos!
Parrafeo (5) - Categoría: Festas - Publicado o 20-09-2007 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0