Castiñeiras


Sábado Magosto en Nerga
Unha proposta pros que lle gusten as castañas ;)
Sábado a partir das 17.00h en Nerga

Free Image Hosting at www.ImageShack.us


Castañas de balde na Garita de Nerga! Festa e música e productos a prezos populares ;)

"Animámosvos a colaborar con algunha aportación gastronómica"


Aquí a LOCALIZACIÓN. Outra opción é aparcar ó lado do bar "O Cañizo" (toldo amarelo) e ir dirección enfrente do bar...
Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 02-10-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Danza e Contradanza de Darbo 2008
Como tódolos 8s de setembro bailouse a tradicional Danza e Contradanza en Darbo.

Bailei os dous anos anteriores e este ano non tiña pensado facelo. Por unha parte non había moitas ganas de chegar do curro e ir a ensaiar. Por outra, inda que pareza mentira, penso que nunca vin bailar a Danza dende fóra (igual si de pequecho pero non me lembro jeje) e apetecíame vela.

Pero non se deu o caso. Meche, un dos galáns, púxose enfermo e me chamou pra sustituilo. Xa tiña pedido o día libre no choio polo que non houbo problema, o único é que, ó só ensaiar un día, tiven unhas agujetas... (a ver quen aganta 15min cos brazos en pé!:P).

A Danza xenial como todos os anos, moitísima xente e moitísimos aplausos. Eu coma sempre puxen o modo "SONRISA ON" (unha técnica coa que a xente que te mira tamén sorrí e non se da conta dos fallos que cometes).

Pódese ver a cantidade de xente que había na portada do Faro (e iso que era luns). Saio na portada! inda que Manolo tapoume a cara co seu brazo.. ;)


PD: veña Meche, a recuperarse! :)
Páxina Oficial con Videos da Danza
Parrafeo (6) - Categoría: Festas - Publicado o 10-09-2008 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Retrouso

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:

11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.

20.30 h: Empezan os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Cela.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde. Pásate.

Postea e difunde!!
Retrouso
Parrafeo (5) - Categoría: Festas - Publicado o 26-06-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de lanzamento de tartas
Ei ei! Naty e Iago! Parade xa!!!


Finalmente eles dous foron os que obtiveron os primeiros postos neste concurso de lanzamento de tartas.

Increible, menudo pique deberon ter entre eles...

3.383 puntos!!!


Que exagerao! ;)
E inda por riba xogaron tanto e puxeron tantos nomes que agora só aparecen eles no ranking...

Máis ou menos así de memoria de 3º estaría Dami, de 4ª creo que mirei a Ali, de 5ª a Laura e de 6ª Fanny... Desculpade se me equivoco!

Que de xente con ganas de tirarme tartazos!!


E pra finalizar o PREMIO: este é un premio personalizado e creo que lle interesará ó gañador.
Trátase dun enlace á súa páxina (xa vedes q andamos escasos de recursos.. :P). Resulta que está creando unha minicidade, e gaña habitantes por cada persoa que entre na web. Esta é: http://iaguinchus.myminicity.es.

Veña a clicarlle ó gañador pra que a súa cidade prospere!!

Muitisimas gracias a todos os q me tirastedes tartas, agora teño a piel máis lisa, fina e suave!!
;)


Saudos!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 24-02-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
De aniversarios!
Boas! este finde está plagado de cumples, onte foi o cumple de Laura, hoxe o é de Pintos e mañá será o de Noe e o meu!



Vaia coincidencia tan peghados! Seguro q se me escapa algún máis coñecido q está próximo, pero como jodín o móvil (e é como perder a cabesa pq tiña alí todo anotado.. :P) pois na, a faser memoria.

Inda tedes o día de hoxe pra tirarme tartas, o trasno está en cabeza seguido de Laura, a ver quen gaña! ;)

Saudos e felicidades ós afortunados!
Parrafeo (9) - Categoría: Festas - Publicado o 23-02-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0