Castiñeiras


Manzaneda
Levantarse a iso das 5 pra sair de Vigo ás 6. Sabíamos q non había moita neve alá en Manzaneda, pero nos quixemos arriesgar a ir igual.

Os 8 intrépidos membros da ACI chegamos a Manzaneda a iso das 8.30/9. Era certo q non había moita neve pra práctica do ski, pero a nosa idea era máis simple: aproveitar as baixadas xeadas e tirarnos enriba das 4 tablas de body e dos plásticos q levábamos.

Mercaron un trineo Borja e Lucy, e a Laura se lle ocorreu a idea de unir varias táboas de body pra facer o descenso xuntos... q show 8 baixando en modo tren!

Ó principio estivemos sós, ó lado da pista de principiantes. Alí tivemos uns bos piques de a ver quen ia máis rápido nas táboas, mais tamén tivemos unhas boas mazaduras...

A iso das dez e algo empezaron a chegar familias e a meterse na nosa pista (unha das poucas q había pa tirarse con trineos), así q coa mesma decidimos camiñar un pouco a ver se topábamos un sitio mellor e menos concurrido.

E non tivemos q andar moito pra topalo, seica era unha pista de fondo, inda q non tiña suficiente neve jeje.

Os descensos cos plásticos eran algo perigosos, pois xusto cando remataba a costa abaixo emerxían arbustos e pedras... pero non tivemos que sufrir ningunha baixa no equipo da ACI ;)

Pra rematar o día fixemos un par de bonecos de neve (q raro!), e Borja, Iago máis eu nos dedicamos a montar un iglú... a ver se o subo en video mañá ;)

En resumo: non fai falla moita neve pra pasalo ben, senon un bo grupo de amigos!!
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 28-01-2008 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Planificación das vacacións
Hai uns días púxenme a ver o calendario laboral deste ano, a verda q se bota de menos ser estudiante cando pensas en cómo se reducen as vacacións...

Nesta investigación dos festivos do 2008 en Galicia atopeime cunha sorpresiña moi grata: a Semana Santa pódese disfrutar case completa! Resulta q o mércores 19 de marzo é o día do pai (festivo en Galicia) e os seguintes 20 e 21 son xoves e venres santos, tamén festivos. Co cal nos quedan 5 días estupendos pra poder ir de vacacións jeje
Unha vez atopado este filón, púxenme a ver Ryanair (despois das viaxes a Cardiff xa tou acostumado a buscar as gangas, e este portal é un dos q se atopan os mellores voos) e atopei un voo de ida e volta (Oporto-Bristol cidade cercana a Cardiff) por 75?, non é alá moi barato, pero pra o que é tampouco é caro.

Unha vez chegados a Cardiff xa quedamos con ex-compañeiros de alá, a verdá que despois de pasar un ano alí estudiando bótase algo en falta o volver...

Iso sí, ó non ter q pagar aloxamento espero q o gasto total non sexa superior a 200?...

E vos que? A que esperades pra viaxar? :P
Parrafeo (8) - Categoría: De ruta - Publicado o 18-01-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicacións e tranportes en Galicia
Navegando un pouquiño atopei este video subido no blog de eutamenavegar.
A verdade é q unha das cousas q nos faltan aqui son boas comunicacións, inda queda muito pra que as cousas melloren.



De todos xeitos sempre hai formas de moverse (ainda q non sexa de diario). Acabamos de pillar uns voos para Porto-Girona-Viena por 40? con ryanair, tenche cada oferta.. :P

Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 10-01-2008 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Apostasia


Saía estes días na prensa a igrexa anda preocupada pq aumenta o número de xente a facía a apostasia.

Apostasia: procedimiento por el cual se abandona la pertenencia a la Iglesia Católica después de haber entrado a formar parte de ella mediante el bautismo.

Se non se cree na Igrexa e se non se está dacordo en pertencer a ela, pq non se vai apostatar?


Grande Davila coma sempre ;)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-12-2007 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
O muelle da Congorza

Hai un tempiño vos mostrei un par de fotos do muelle da Congorza, nelas mostraba a "forza das mareas", a diferencia entre a marea alta e a marea baixa nesa praia.

O que non vos contei é q o día que había marea alta un par de rapazas andaban a correr polo muelle adiante, e desas carreiras saquei esta foto na que parece que son capaces de andar sobre a auga ;)

Non está mal facer ese tipo de locuras de vez en cando, ainda q despois acabes pingando...

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 03-12-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0