Castiñeiras


Topado un unicornio na Toscana
No parque da Toscana atoparon un corzo cun só corno no medio da frente. Sería certa a lenda dos unicornios?



Visto en: elUniversal


Parrafeo (9) - Categoría: De ruta - Publicado o 14-06-2008 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Buscando voos pro veran

Ains, levo uns días buscando voos de ryanair pra voar no verán (a idea era coller un na ponte de xullo e outro na de agosto).

Ó parecer como mínimo costan 100? ida e volta. Seguramente vaiamos a Bérgamo e os lagos do norte de Italia en xullo :) (imaxe co percorrido)

De todos xeitos moi caro todo, nótase a crisis! O consello pra buscar os voos entre 1 e 2 meses de antelación non me funcionou... agora tou xa atento as ofertas pra voar no inverno jiji

O de agosto igual se cancela, taba pensando en ir a Asturies... :)

e vos que? viaxades?
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 09-06-2008 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
O son do mar
Pois que vos vou decir, igual que o de Camiñando o son das montañas, esta segunda actividade foi xenial!

Pasamos de estar hospedados nun albergue (dúas habitacións con 15 literas cada unha) a un hotel con habitacións dobles. Pero o malo foi a comida, de ser todo agricultura ecolóxica, vexetariana, comercio xusto, e moi abuntante... a outra muito peor na q as veces quedamos con fame...

Pero as actividades que é o importante:

O sábado...

Coñecemos un pouco Noia facendo algunhas probas como preguntar o nome de tres policías, facer unha foto "orixinal" na alameda (con esa na q saio facendo o pino gañamos! :P), etc..
Despois fomos montar a cabalo, en bici e tamén a facer senderismo.
Á tarde tratamos de ir visitar sitios como o castro de baroña, o monte da curota, e como chovia xa volvemos pra Noia.

O domingo...

Un par de horas de paseo en catamarán pola ría de Muros e Noia (ou de Noia e Muros pros noienses :P). Ahí estou eu de patrón (laura tamén levou algo o timón jeje).
E despois en Portosín fixemos kayac e montamos nunha banana (tipo ski acuatico, 5 montados na banana e o da lancha tratando de tirarnos facendo xiros e paradas -foto-).

E claro, a xente un 10! muitas risas nos botamos xuntos. Xente coa q contaría de volta pra xuntarse en calquera momento.

En definitiva: pro ano apuntámonos ó máximo de actividades posible! :D
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 03-06-2008 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Castro de Baroña
Inda non topei o tempo pra facer un resumo da excursión.. vos adianto que pasamos polo castro de Baroña (aquí unha foto sacada por Jesús de Vigo):



Saudos e bo finde!

PD: hoxe á noite foliada no salasón, o domingo capoeira, tango, charanga de lembranzas da ría e cousas varias na alameda de Cangas ;)
Parrafeo (8) - Categoría: De ruta - Publicado o 30-05-2008 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Son do Mar
Como continuación da fin de semana "Camiñando ó son das montañas", apuntámonos a outra máis.

Desta vez "O son do mar" en Noia. Ata alí marchamos nunha horiña! ;)

Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 23-05-2008 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [12]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0