Castiñeiras


Viaxe a Italia (2ª parte)
A mañá seguinte todos tiñamos ganas doutro baño. Seguimos pola beira do lago Como ata chegar a Menaggio. Ahí foi onde nos despedimos do lago pra poñer rumbo a Suiza.

Antes de cruzar a fronteira paramos no lago Piano. É un laguiño pequeno precioso. Collemos o coche e o baixamos ata o mesmo lago onde había unha zona de baño (praia de pedras e un pequeno muelle de madeira) na que había un sinal ben visible que dicia "prohibido aparcar".

Fixemos caso omiso e deixamos alí o coche. Todos os bañistas e "guiris" dun camping q había alí quedáronse mirando con cara chunga pero pasamos deles. Total, pra darse un chapuzón...

Alí estivemos un ratiño, o lago era xenial e moi verde. O segundo da miña lista nesta viaxe :)

E así chegamos a Lugano. Dimos un paseo pola beira do lago do mesmo nome. Algunhas fotiños, subimos ata a catedral e mercamos chocolate! jiji

Despois nos decidimos subir ó monte Bré nun funicular: gran erro!! Foi unha timada, cobráronnos 14? por subir ó monte. E nin no cumio nin no funicular había boas vistas! Había algunhas casas privadas e claro, acabamos colándonos nas terrazas privadas (foto con Laura) dende os que ter boas vistas :)

Despois de Lugano puxemos rumbo a Bellinzona. Cidade capital do cantón do sur de Suiza coa que quedamos abraiados, visita totalmente recomendada! Aparcamos o coche preto do castelo que hai no centro da cidade, dende ese castelo podíanse ver dous máis a distintos niveis, xenial! (foto)

Visitamos os outros dous castelos facendo "cheddaring" (nome que lle damos ás visitas express dende que visitamos Cheddar), e rápidamente tirando pro lago Maggiore a buscar onde acampar.

Metémonos dirección o Val de Verzasca, seguimos camiño parriba pasando por un pobiño ata o final da estrada. Alí había unha ruta de senderismo, aparcamos, collemos as moxilas e a buscar! Acabamos nunha finca privada dunha casa q semellaba deshabitada (ó lado deste embalse).

Igual q a noite anterior sen problemas. Iso sí, polas noites estabamos rebentados: ó pouco tempo de cear xa estabamos planchando a orella. E á mañá seguinte... rápidamente en pé por se viñan os donos da casa! :P

Continuará...
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 09-08-2008 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (1ª parte)
Comezo co resumo da viaxe:
Madrugamos e deixamos o coche no aeroporto de Porto (aparcamento P4 q era o máis barato, 30? os 5días).

A iso das dúas xa estabamos en Bérgamo metidos nun Fiat Punto Grande (alquilado á compañía National, 4 días por 180?). Fixemos "tetris" pra que as maletas cuperan no maletero e comezamos a ruta en dirección ó Lago di Como.

A verdade é q teñen mala fama de conductores os italianos, pero non vimos ningunha cafrada exagerada... :P

Ao chegar ó lago di Como xa non pudemos resistir a tentación e nos demos o primeiro baño no lago (máis tarde nos demos conta que non era o Lago di Como senon un que había antes, o enlace lévamos ó mapa :P). A verdade é q era un sitio moi cutre, pero weno, pra darse un chapuzón e refrescarse cheghaba ;)

Despois dese baño comemos e paseamos pola cidade de Lecco. Moi chula, nesa parte da viaxe xa comezabamos a abraiarnos coas montañas e as vistas dos lagos.

Continuamos todo pola beira oeste do lago di Como, facendo pequenas paradas pra sacar fotos e ver a paixase. Tamén paramos e paseamos en Varenna, onde nos demos o segundo baño ;) (foto)


Despois deste primeiro día de viaxe o redor do lago só nos faltaba topar onde durmir (pos q non o sabíades, levabamos a tenda e iamos durmir de monte).

Ás 9.30 se facía de noite, polo que unha hora antes comezamos a buscar. O malo do lago di Como é que está entre montañas bastante inclinadas, co que case non hai posibilidade de "tirar po monte".

Metémonos nunha desas poucas estradas que subía pro monte e despois de dar mil voltas, subir medio monte chegamos ata onde remataba a estrada. Saimos do coche e investigamos o lugar. Non era un sitio moi bo (algo inclinado), pero visto que estaba a piques de escurecer decidimos acampar. Por certo, estabamos na vila de Musso jeje.

Na foto podedes ver o ben camuflada que estaba a tenda :) E na seguinte foto as vistas á mañá seguinte cerca de onde estabamos acampados.


O final a noite xenial, non tivemos case queixa, ainda que algunha que outra tiña medo e escoitaba pasos. Unha cousa que si foi certa é que Laura escoitou como un xabarín pequecho se acercou á tenda :P

Visto o visto, este "resumo" non cabe nun só artigo, xa seguirei escribindo :)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 03-08-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe ós lagos xenial, excepto a volta...
O percorrido que fixemos foi máis ou menos o que tiñamos previsto. A maiores visitamos a cidade de Bellinzona e Brescia (preciosas as dúas).

Despois de durmir no medio do monte 3 noites e outra no aeroporto estabamos completamente desfeitos.

A volta pillamos un avión de Bérgamo a Valencia, e a putada foi que non nos deu tempo a pillar o avión de Valencia a Oporto :(

Como tiñamos que traballar ó día seguinte, a solución foi alquilar un coche e atravesar a Península pasando por Oporto pra recoller o coche e deixar a Esther (que tiña que pillar outro voo ó dia seguinte).

Moito cansancio acumulado e unhas 14horas de coche extra. Xa porei fotos da viaxe ;)

PD: inda contando co alquiler deste último coche, a viaxe nos saiu por uns 300? :)
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 30-07-2008 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
De ruta polos lagos do norte de Italia
E seghimos viaxando ;)

Hai pouco buscando en ryanair topamos un voo carísimo en comparación con outros (135?) pra voar a Italia. A idea era aproveitar a ponte do día da patria (25 de xullo) e poder facer unha mini-escapada.

Na imaxe o percorrido (Bérgamo, Milan, Lago Como, Lago Maggiore, Lugano...). En total son uns 600km que entre rodeos e desviacións poderán chegar ós 1000. Se clicades nela iredes ó google maps e podedes acercala máis.



Serán 5días e 4noites, alquilaremos un coche pra facer todo ese percorrido e acamparemos de monte coa tenda que levamos por Inglaterra ;)

Expedicionarios: Esther, Lucy, Mara, Laura máis eu (vou ter medo entre tanta muller! :P)
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (6) - Categoría: De ruta - Publicado o 21-07-2008 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
O carallo 29!
Hai algún tempo coñecín a existencia física/real do carallo 29. A través do blog de loaira din con esta páxina na que describen a historia.

"la expresión ?o carallo 29″ tiene connotaciones de duda, reparo, recelo, incertidumbre o desconfianza. Y tiene un origen histórico que se remonta ya a los tiempos de la Restauración, momento en el que el artículo 29 de la Ley Electoral proclamaba automáticamente ganador de las elecciones a un candidato cuando era el único que se presentaba en un distrito electoral y sin necesidad de celebrar las votaciones. Motivo por el cuál se hacía todo lo posible, legal o ilegalmente, por lograr el candidato único y la consecuente aplicación del artículo en cuestión. Razón por la que los gallegos, que vivieron en primera persona el caciquismo de la época, bautizaron el artículo con tal expresión, con las connotaciones mencionadas ya anteriormente."


Non che sabía eu q o carallo 29 existía de verdade! No nº 29 da Rúa Travesa, aquí téndela proba:

PD: como curiosidade extra, a estatua de Cervantes que hai na praza do mesmo nome, está mirando directamente o carallo 29!
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 01-07-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0