Castiñeiras


Ryanair e as ofertas de voos baratos

Últimamente só voo con Ryanair, é difícil topar algunha outra compañía que ofreza prezos tan baratos...

Lémbrome de cando viaxaramos a Viena por 40? (10? por avión), aquilo si que fora unha gozada! ;)

O malo é que agora costa un webo topar estes voos baratos, antes inda era doado pero hai un tempo quitaron o "buscador de gangas" e pa topar un hai que estar mil horas buscando. Tiña ganas de darlle unha visita a Esther que está currando en Dublín, pero con estes prezos ta difícil.

E eu que pensaba que co do accidente de Spanair e con isto da crisis global ían baixar máis os prezos, qué iluso!

PD: de todos xeitos, pra visitar sitios mellor esperar a marzo que hai máis horas de luz ;)
Chegada a Viena (1ª parte)
Parrafeo (9) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-10-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (4ª parte)
Espertamos con ganas dun chapuzón polo porcos que estabamos...

Tratamos de facelo no lago Varese, pero cuadrou que había unha reserva natural onde non se podía bañar (pobriños os animais se o fixésemos! :P)

De ahí subimos ata o lago Lugano, outra vez volvemos entrar en Suiza e desta vez si nos bañamos neste lago:
Lugano


Continuamos cun paseiño pola cidade de Como (que lle da nome ó primeiro lago no que estivemos) e de ahi decidimos baixar xa pra Milán.

Costou un pouquiño topar un lugar céntrico onde aparcar, pero tivemos sorte pq ó ser domingo non había q pagar na zona azul.

Pronto chegamos á zona máis famosa: pisámoslle os collóns ó touro (tradición que da fortuna ou fertilidade) nas Galerías de Milán e despois paseamos arredor do Duomo di Milano, a famosa catedral.
GaleriasDuomo di milano


Non nos deixaron entrar nela pq as iamos bastante descamisados e non lles deixaron entrar con escote (...)

Coa mesma aburrímonos de Milán e decidimos liscar dalí: collemos rumbo a calquera lago e rematamos dándonos un chapuzón nun río cheo de sudamericanos (era raro escoitar falar castelán despois de tanto tempo). Era o río Adda e estabamos pegados ó Castelo di Cassano (entérome agora mirando en google que era un castelo jiji).

Ó final fumos ata Brescia a cear e a dar unha volta, case a voleo foi esta decisión. Resultou ser unha cidade preciosa!! Moi recomendable a visita :)

Ata aquí toda a viaxe foi xenial, despois de Brescia marchamos ata o aeroporto de Bérgamo onde maldurmimos.
Collemos o avión sen problemas ata Valencia, pero collemos moi xustos os seguintes billetes de Valencia a Oporto e o perdemos...:(
Resultado: tivemos que alquilar un coche e conducir 14horas (Valencia - Oporto - Casa).

Destas cousas se aprende :S

PD: se chegache ata aquí leendo... noraboa! debe ser un coñazo esta mini-guia que escribín :P
Viaxe a Italia (3ª parte)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (1ª parte)
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 12-10-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
e agora... IRMANDIÑOS!
Como xa contara hai uns días repetimos!

Este ano iremos de campesiños, somos máis os irmadiños pero haberá que ter coidado coas traizóns, as catapultas e as frechas, este ano ven máis completo o xogo de rol en vivo con máis participantes do mundo.


Imaxe do exercito de Pedro Madruga (nós o ano pasado :D)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 26-09-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Paris
De xoves 18 a martes 23 de setembro...
Foi unha viaxe xenial! Laura máis eu non paramos e recorremos todos os recunchos máis famosos da Cité de l'amour.

O segundo día fomos ata Futuroscope. Pasámolo ben facendo o mono, pero case que se está quedando un pouco anticuado o parque de atraccións tecnolóxico.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

O resto de días: subir ás torres de Notre-Dame; pasear polos Campos Eliseos ata o Arco do Triunfo; subir ó alto da Torre Eiffel pola noite e camiñar ó longo do Sena.
Free Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.us

O terceiro día demos unha volta con Migui e Bea que pararon un día no seu camiño a Holanda. Xa nos traeredes algún regalo dalá! ;) Na foto estamos debaixo da Torre de Montparnasse.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us


E o último día subimos ó barrio bohemio de Montmartre.
Free Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.usFree Image Hosting at www.ImageShack.us

Por sorte non tivemos percances negativos, o único malo foi que o primeiro hostal "Auberge Internationale des Jeunes" era bastante cutre. Os colchóns... eran colchonetas! Ainda que polo menos non era moi sucio.

Outra cousa a mellorar pra outros que queirades ir a París e coller un billete único pra viaxar en Metro, Bus e RER (unha especie de tren de cercanías). Ese billete costa só uns 16? toda a semana. Ah, e tamén se poden alquilar bicis moi baratas (se me enterase antes igual faciamos unha tarxeta).

Foi mellor o hostal da última noite. Resultou ser un hotel (Perfect Hôtel), só 2? por persoa máis caro que o outro e moito mellor.

En definitiva, uns días xenias sobretodo cando se está ben acompañado! ;)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 24-09-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (3ª parte)
Como dicía, a mañá seguinte despois de durmir no Val de Verzasca nos puxemos rapidamente en pé pra evitar que os donos da casa nos dixeran algo...

Avanzamos cara o sur pola veira oeste do Lago Maggiore, paramos en Locarno (foto do castelo) e Ascona,cidades suizas nas q botamos boa parte da mañá. En Locarno demos un paseo polo centro e despois subimos ata Madonna del Sasso (Virxe da Rocha), unha iglesia moi chula no alto con vistas ó lago.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

E despois tira-millas pola costa facendo moi poucas paradas (o castelo de Cannero na foto foi unha delas).

Como non dábamos topado un sitio chulo pra bañarse no Lago Maggiore decidimos desviarnos e ir ata o Lago Mergozzo, unha maravilla! xunto co Lago Piano os mellores desta viaxe :D O gracioso é q a "praia" de cantos rodados tiña socorristas! igual os cambios na marea ou as ondas facian peligrar a vida dos bañistas...
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Despois deste baño paramos na vila de Stresa, dende onde se facían cruceros polas illas cercanas. Tivemos bastante sorte, ó chegar alí pensabamos q só había cruceros de 13-15? e 5min despois estabamos nunha barquiña sós navegando (por só 5?) arredor da Isola Bella e parando unha hora pra visitar as rúas da Isola dei Pescatore.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Despois diso inda nos deu tempo a visitar outro castelo máis en Somma Lombardo, e de ahí desesperados buscando un laño onde acampar.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Chegamos preto de Arsago Seprio buscando onde acampar. Os mosquitos fixéronnos recuar dun par de sitios e finalmente, enchémonos de valor, dun spray anti-mosquitos que tiña Esther, e de sudaderas con capucha e nos dispuxemos a montar a tenda. Malditos mosquitos!! Era o sitio máis alonxado dos lagos no que durmiramos e o que máis mosquitos atopamos! En fin, como todas as noites, unha cea rápida e a durmir pq estabamos esgotados ;)

PD: inda queda unha cuarta e última entrega... pero este xoves marcho 5 días a Paris con Laura, polo que terá que esperar ;)
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-09-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0