Castiñeiras


Escapada a Amsterdam

E como xa comentara ahí atrás...

mañá imos a Amsterdam! :D

O domingo estamos de volta, pero nos dará pra facer algo de turismo a uns poucos aventureros: museo Van Gogh, barrio rojo...

Xa porei fotos por aquí :)
Parrafeo (10) - Categoría: De ruta - Publicado o 22-01-2009 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Amsterdam

Xa temos en mente moitas viaxes po próximo ano. A primeira será a Amsterdam o 23 de xaneiro, e creo que hoxe colleremos os billetes de avión.

Como sempre con Ryanair, que desta vez nos costa uns 50? ir e volver a Bruxelas. Ahí alquilaremos un coche pra conducir ata Amsterdam (2h30 de distancia).

Será moi pouco tempo, de venres a domingo, só un día enteiro en Amsterdam. Pero dará tempo pra ver tulipanes, visitar o barrio rojo e o museo van gogh... ;)

Estade atentos as ofertas de Ryanair que sempre hay cousiñas interesantes!

O máis importante: non hai que pedir días no traballo.
Parrafeo (6) - Categoría: De ruta - Publicado o 19-12-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Outono gastronómico
Xa anunciado na ACI (asociación da que son membro co-fundador...) o 2º Outono Gastronómico.

Basicamente consiste en:
-Comer un menú especial nunha casa rural
-Pasar alí a noite
-Almorzar ó día seguinte

Todo por 50 ou 60? por persoa. Se gustades do bo comer e tendes cartos esta é unha boa opción pra pasar o fin de semana. Ollo que esta promoción remata o 15 de decembro.

De todos xeitos como andamos en crisis nos non imos comer, pero sí pasaremos o próximo finde na casa rural A Chairiña, que sae a 22.5? por noite por persoa ;)

Xa vos contarei...
Parrafeo (7) - Categoría: De ruta - Publicado o 01-12-2008 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Lagoa de castiñeiras
Un de tantos sitios bonitos que ten a Península do Morrazo. Recomendo a visita, sobretodo estes días nos que ademais de pasear por este parque tamén se poden recoller algunha que outra castaña ;)

Imaxino que a maioría xa saberedes cómo chegar, a maiores do bonito paseo tamén se pode un achegar ata a Mamoa do Rei (nesta foto aparece algo oculta polas obras de limpeza).




Quen non fose por ali xa sabe onde pode ir o fin de semana (eu aproveitarei hoxe á noite pra comer unhas castañas na de meu primo :D)
Parrafeo (7) - Categoría: De ruta - Publicado o 13-11-2008 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Visita ó Ikea de Oporto
Queda a só 7km do aeroporto de Matosinhos, moi sinxelo chegar alí (indicacións).

Fumos Laura máis eu comprar algúns mobles pro piso (si! NOS INDEPENDIZAMOS!!), e claro, o máis barato en mobles é o ikea jeje.

Era a primeira vez que ía por alí e quedei alucinado:
1º Paseamos durante un par de horas por todas as seccións dunha casa (sección cociña, baño, salón, nenos, dormitorio...)
2º Polo medio había "exemplos" de casas de 40m2, 55m2,...
3º Despois chegamos a un terceiro nivel onde había un almacén onde coller as pezas máis pequenas (telas, almohadas, lámpadas...)
4º O que máis me impresionou, un almacén do estilo onde gardan a Arca Perdida en Indiana Jones...

O malo é que hai tantas cousas que, ou vas a tiro fixo, ou acabas mercando máis cousas das que pensabas.

PD: volverei! ;)
Parrafeo (10) - Categoría: De ruta - Publicado o 27-10-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0