Castiñeiras


Cornualles e Devon

Este finde Patri, Esther máis eu alquilamos un coche e nos fixemos un recorrido por Cornualles e Devon chegando ata o fin do mundo inghlés (Land's End).

Saimos á tarde de Cardiff e nos puxemos en dirección a Cheddar (seica o queixo é famoso aqui). Como cando chegamos era noite decidimos quedar a durmir pra ver ben o pobo.
Durmimos nos barrancos de Cheddar, ainda q muito tp durmin pq esta primeira noite paseina no maletero do Opel Astra :S

Á mañá seguinte despois de ver Cheddar e comprar algo de queixo fomos ata Exeter, onde dimos un paseo polo centro visitando o castelo e a catedral desta cidade.

Coa mesma collemos rumbo a Dartmoor Park, de ahi deberon sacar os de Microsoft o mítico fondo de pantalla cun campo verde! O malo de ir a este parque foron os estreitos camiños, as veces paresia q tabamos en Cela! Mereceu a pena a verde paisaxe chea de ovellas e vacas, pero tamén cos míticos cottage ingleses.

A tarde pasamola en Torquay, algho paresido ó Sanxenxo galego, ainda q as praias q aqui había eran de area horrible (ou de cemento!!).

Durmimos este segundo día en Plymouth, desta vez durmiu Esther no maletero. O malo q cando xa estabamos pra durmir (ó lado do mar no muelle dos ferrys) viu un vixiante e nos botou fora... Menos mal q non se deu conta dq Esther estaba no maletero! jeje

De mañá visitamos Plymouth, seguro q algún dos vosos avós pasou por este enorme porto!

Continuamos camiño cara St Michael's Mount, unha illa cun monasterio/castelo ó q se pode chegar andando cando hai marea baixa.

Despois de pasear por Penzanze (pobo ó lado desa illa) nos achegamos ata o fin do mundo inglés. Incrible o vento q facía en Land's End e o grande q parecia todo dende o alto dos acantilados. Como nota frikie tomamos un té na "primeira e última casa de Inglaterra", mirando cara América :)

Foi unha viaxe bucólico-bohemia q mereceu a pena, unha boa experiencia recomendable.


En breve subirei algunhas fotos máis grandes á Fotoblogoteca.
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 20-03-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0