Castiñeiras


Retornado de Polonia
Onte cheguei a casa despois de 15 días por Polonia, estivo completa a viaxe pero en xeral todos acabamos desfeitos entre o cursillo, sair de marcha e case non durmir.

No cursillo aprendemos q, en resumen, Polonia está como España hai 10 ou 15 anos. Iso sí, a maior parte de Polonia está reconstruida, pois a 2ªguerra mundial non deixou muito en pé.

Tamén alquilamos un coche 5 días pra recorrernos o máis importante de Polonia! Pasamos por cidades como Wroclaw, Cracovia, Gdansk, Torun... e rozamos coas fronteiras de Rusia e de Eslovaquia!

Con algo máis de tempo poñerei algunha foto máis. Pero en resumen Polonia é unha visita recomendable, e máis ainda se non se quere gastar moita pasta pois todo é baratísimo.

No hotel-restaurante da foto (cos montes Carpatos de fondo) comemos con bebida e postre incluidos por só 6?! :D

A outra foto é do concello de Wroclaw.

Saudos!

PD: agora comezan as festas do verán!! o 21 de xullo Chanscontro!
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 01-07-2007 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
De volta en casa (por pouco tempo)
Como vos contei o día 4 foi o último examen da carreira, despois de celebralo por todo alto tiñamos xa preparada unha viaxe por Inglaterra.

O día 5 foi dia de resaca e de preparar todas as maletas e o día 6 de mañá comezou a aventura.

Ese mesmo día chegamos ó parque nacional do Lake District, no mapiña os parques nos q estivemos estan en negro. Incribles paisaxes e lagos por alí adiante. Neste parque nacional botamos un par de días: camiñatas, dun lado a outro sen parar co coche, durmir no medio do monte e incluso algún baño q outro nos lagos (na foto dabaixo).

O día 8 pasamos polo parque nacional de Yorkshire Dales de camiño a York, cidade moi chula pola q andivemos paseando.

Esa noite despois de visitar York nos achegamos ata o Peak District buscando un sitio onde montar a tenda, imaxinarvos pobiños rurais e nos entre eles buscando algún trociño de herba medio oculto pra poder pasala noite jeje

O último día comezamos visitando unha casa de ricos en Chatsworth. Carallo q de pasta tiñan!! Unha casa enorme e uns xardins xigantes, ata dentro deles tiñan un laberinto no q era moi facil perderse. Despois desta casa fomos ata a cidade de Lincoln, no alto dun monte podíase mirar a catedral dende varios kilometros de distancia.

Acabamos en Cambridge, cidade q está cerquisima do aeroporto de Stansted (q lle chaman "de Londres" pero esta a un par de horas do centro...).
Cambridge moi bonito, xa fora hai catro anos antes de comezar a carreira pero desta vez incluso vimos máis cousas: estaba prohibida a entrada en muitos dos edificios universitarios, pero como colabamos por estudiantes... :D

Non sen problemas de peso conseguimos facturar as maletas, ás 8 saiamos de Stansted e sen enterarnos (totalmnt durmidos) chegamos as 11 a Compostela.

En fin, unha boa viaxe, xa vos contarei con máis detalle se me da a virada ainda q o dudo jeje

E agora... pois xa estou en casa si, pero do 16 ó 30 irei a Polonia a facer un cursillo. A partir dahi supoño q xa pararei un pouquiño de tanta viaxe.

Saudos!!

PS: algunha festa estes dias q estou por aqui? avisade!!
PS2: este mércores de furanchos jeje
Parrafeo (6) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-06-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xenial Davila


Xenial este Davila...
Faro de Vigo
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 29-05-2007 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
O Lago

Así tal cual, ese é o nome q ten o lago ó q fumos hoxe Esther máis eu: "The Lake".

De casualidade viaxando polo google-earth nos decatamos dq a só 15min andando se atopaba un lago q tiña bastante boa pinta.

Ata alí nos achegamos coa idea de relaxarnos entre tanto estudiar e si! acertamos nq era un sitio q ben merecía unha visita! :)

Estaba cheiño de xente en pedaletas e tamén en barquiñas de remos, os dous nos animamos a alquilar un deles.

Q ben sentou o paseo polo lago, todo bucólico cos seus patos, cisnes e ocas. E pensar q pasamos todo o curso aqui sen miralo...

Un saudo!

Por aqui unhas fotiños...
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 23-05-2007 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos
Subidas fotos atrasadas da viaxe a Cornualles e a Devon (16ao18 de marzo).

En breve subirei as da zona de Wessex e o sur de Gales.

Poño os mapas pra situarvos, básicamente fomos á zona suroeste, en verde vivo.

Saudos!

Editado: subidas tamén as fotos de Wessex, a zona marcada no mapa da esquerda.
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 02-04-2007 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0