Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reláxate e disfruta
Se tes a necesidade de relaxarte, refrescarte e disfrutar adica cinco minutos a este video. Merece a pena.

Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 18-08-2009 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Espectacular
Sen lugar a dúbidas a decimooitava edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que acaba de rematar foi todo un éxito e non mido este unicamente mirando o elevado número de visitantes que se achegaron a disfrutar da festa ao longo da pasada fin de semana senón pola cantiadade e calidade de espectáculos, representacións, animacións e momentos vividos na medieval mindoniense.
Cada ano son máis as produccións locais e eso é algo que fai medrar en calidade e diferenciación ao Mercado de Mondoñedo fronte a outras citas similares celebradas ao longo da xeografía noroestepeninsular.
Hai dúas cousas que creo que non deberían tardar en incorporarse a esta cita, unha sería o Xogo do Tangueiro, do que xa teño falado e outra a Decapitación do Mariscal Pardo de Cela.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-08-2009 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Rutinas Medievais sempre sorprendentes
Desde que eu recordo todos os sábados do Mercado Medieval de Mondoñedo comezo o día igual. Non me levanto moi cedo, pois a noite anterior xa houbo ensaio, poño roupa cómoda e fresca, pois soe facer calor e vou ata "La Alianza" a almorzar un par de cañas cun café con leite temperado acompañado dun vaso de auga de Mondoñedo -non por resaca, senón por costume-. Soamente en Mondoñedo tomo auga do grifo, noutros lugares polo xeral resúltame imposible. En Mondoñedo hay boa auga, e non vou repetir a Cunqueiro.
Visito os postos tentando non parar a falar con ninguén para levar todo dun tirón, a pesar de ser moitos e moi variados non me leva demasiado tempo debido ao meu método, jajajja. Tampouco acostumo a mercar nada, como moito algún doce e claro debido a eso cando chego á casa nunca teño fame.
Xa pola tarde tento quedar con algún amigo. Se é César terei que escoitar o bonito que está todo e o maravilloso que é Mondoñedo, é como un peixe nunca se lembra de nada por eso todo lle parece estupendo como a primeira vez que fai.
E despois xa non me lembro do que fago ou o que fago xa deixa de ser rutinario, ou tamén me convirto nun peixe, pero soe ser cando máis me gusta a festa.
A vindeira fin de semana conto con estar en Mondoñedo e posiblemente non caia en rutinas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-08-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0