Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comunicado de prensa da Plataforma Furapresas (creada para a defensa dos ríos Figueiras e Tronceda fronte aos proxectos de minicentrais en Mondoñedo).
Maña xoves día 7 de maio as 20:30 horas, terá lugar no Centro Comarcal da Mariña Central en Mondoñedo, unha reunión promovida pola Plataforma Furapresas. Na xuntanza darase a coñecer as iniciativas que se levaron a cabo ata o momento, e recolleranse novas propostas que podan xurdir entre os presentes en dita reunión.

Aproveitando a presencia dos visitantes ás festas de As Quendas, iniciouse unha campaña de recollida de sinaturas nos distintos locais de Mondoñedo, xunto coa colocación de carteis informativos e pancartas reivindicativas.

Dende Furapresas temos a percepción de que a sensibilidade da cidadanía con este asunto medra en proporción ao nivel de coñecemento dos proxectos de minicentrais previstos para os ríos Figueiras e Tronceda, en Mondoñedo. A indignación da xente faise máis patente ao comprobar que dende a propia administración autonómica quérese obviar a protección que no seu momento (mediante a iniciativa da Comunidade Europea) se lle concedeu a estes espazos naturais, catalogados como Rede Natura.

Plataforma Furapresas
WWW.FURAPRESAS.BLOGSPOT.COM
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Non foi posible
A un auméntanlle as responsabilidades e xa non é dono do seu tempo (se é que algunha vez o foi). E por esto polo que me foi imposible acudir esta fin de semana a Mondoñedo para estar con miña nai e tamén para vivir un pouquiño "As Quendas" deste ano.
Non, non son as primeiras "Quendas" que me perdo. Xa dicía eu por aquí o outro día que na primeira edición estaba enfermo, noutra ocasión que cadrara o día un a mércores quedárame en Santiago porque se me acumulara o choio e non sei, seguro que algunha edición máis me perdin.
Pero desta volta tiña moitísimas ganas de estar en Mondoñedo, por Moitos motivos: mañá é o Día da Nai e, aínda que nunca fun moi dado a entrar no xogo destas datas comerciais, nesta ocasión parece que me apetecía moito entregarlle un agasallo á miña. Tamén me gustaría estar para escoitar o PREGÓN de Mauro, que veño de ler na estraordinaria web mindoniense www.mondonedo.net, pero non é o mesmo lelo que escoitalo.
Pero vexo que as fotos locen con luz, ousexa que os días están bos e que no pregón Mauro ía guapísimo, ao igual que as Raiñas das Festas, autoridades e público en Xeral, eso é sinal de ledicia.
Xa que non foi posible estar esta fin de semana, espero poder estar a próxima e daquela xa me contarán de vivia voz o que foron as festas e, como dixo o veciño: a bailar, a comer, a rir e foder e beber, que estamos nas Quendas!!!

E como non foi posible, pois botamos man das novas tecnoloxías e grazas á Televisión de Galicia podémonos facer unha mínima idea da Feira e da Festa.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2009 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0