Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mañá comeza a XX concentración de motos

Durante a fin de semana que comeza hoxe celebrarase en Mondoñedo a vixésima Concentración Mototurística Ruta Nacional 634 que organiza o motoclube local. Esta concentración, coecida como A Invernal de Galicia é a máis antiga de todas cantas se celebran na comunidade autónoma.
Podes consultar en www.motomondonedo.com toda a información sobre o evento.
A predicción metereolóxica para a fin de semana é boa. A porcentaxe de precipitación é baixa e as preinscritos xa superan o centenar co cal se espera unha participación alta.
Sen lugar a dúbida o prato forte da xornada, tanto para moteros coma non moteros será a exhibición d Erik Miazga, que terá lugar o sábado pola tarde na Avenida de Bos Aires á altura do Campo da Granxa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Mariña na Galega hoxe
Viveiro terá esta Semana Santa un centro de atención ao costaleiro

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


En Celeiro os continuos cortes de luz danan os electrodomésticos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 05-03-2009 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
Cabeceira deA Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, dependente do Ministerio de Cultura que dirixe o galego e cunqueirófilo Césa Antonio Molina ofrécenos a posibilidade de consultar un elevado número de publicacións periódicas entre as que se atopa "El Hemandino", un xornal que se editaba en Mondoñedo alá polo último cuarto do século XIX.
Para ver os exemplares dixitalizados de "El Hermandino" pode pinchar aquí.
A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é o resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria co que se pretende, simultaneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por seren exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.
Para ir á entrada da Biblioteca Virtual de prensa Histórica podes facer click aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 05-03-2009 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0