Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha paliza no traballo
Atopei na rede este texto que me parece interesante para valorar o traballo que realizan algúns mestres que desenvolven a súa labor profesional en centros específicos. A ver que vos parece:

Non son porteiro de discoteca nin estou a desempeñar ningún traballo que se considere perigoso, proba delo é que non percibo nin un céntimo na míña nómina en concepto de perigorisade nin penosidade.
Hoxe teño un dedo dolorido e aínda noto o lugar exacto no que recibín un puñazo na cara e unha patada na cabeza.
Son mestre.
Estou a traballar nun centro específico no que están escolarizados máis de medio cento de alumnos de idades comprendidas entre os cinco e os vinteún anos con necesidades educativas especiais: sindrome de down, paralíticos cerebrais, autistas e psicóticos -por aquelo de resumir-.
O primeiro golpe que recibín foi o primeiro día que chegaron os alumnos ao centro, aló por mediados do mes de setembro, xa me caeu unha boa palmada na espalda a modo de saúdo que me deixou coa respiración entrecortada alomenos dous minutos. Desde entón estou cada día, cada hora e cada minuto en nivel de alerta máxima e procuro ter a situación controlada en todo momento, pero hai días e días.
Non sei realmente o motivo, se cadra os bruscos cambios de temperaturas ou calquer outra cousa como ter que madrugar máis por ter que acudir ás sesións de avaliación cada mañá desde fai dez días, pero atópome realmente canso e esto merma a capacidade de reflexos. Se cadra por eso nestes días estou a recibir máis golpes dos habituais e xa estou un pouco farto e bastante baixo de moral, esa é a realidade.
O único que me mantén a flote hoxe a nivel laboral é saber que estou a desempeñar unha importante labor social tendo ao meu coidado a rapaces e rapazas que realmente o precisan e deste xeito alivio, xunto cos compañeiros e compañeiras ás familias do alumnado que atendemos.
Porque pensar que non son o único que cobra -como me dixo unha compañeira- con xarope de pau é un remedio de tontos.
Mañá pola mañá cando soe o despertador ás sete e media da mañá seguro que o primeiro que se me pasará pola cabeza é se será día de paga ou non.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cine made in Galicia
O vindeiro venres (13 de marzo) estrearase a película "Os mortos van ás présas" que se rodou en Rinlo (Ribadeo).

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestión de idiomas
Desde fai tres anos veño encargándome das labores de comunicación da Concentración de Motos de Mondoñedo. Creei a web www.motomondonedo.com e son a "voz" pública do motoclube local. Por certo, apenas me saca tempo. Desde a primeira edición fun sensible ao fenómeno lingüístico, igual que ten acontecido noutros moitos eventos que se me ten encargado presentar en Mondoñedo ou donde fora.
Son consciente de que á Concentración de Motos de Mondoñedo acoden xentes chegadas desde diferentes puntos da Península Ibérica e que empregan linguas distintas ao galego, aínda que á maioría non lles resulta complexo entendelo. Por tal motivo cando se fixeron as presentacións empregáronse diferentes idiomas: galego -faltaría máis-, castelán, portugués e incluso inglés nalgunhas intevencións.
Este ano, tal e como se pode comprobar en videos colgados en youtube.es a cousa non foi diferente. Pero para o vindeiro ano, se teño ganas e me confían a labor de presentar o evento levarei calculadora e terei como intención buscar o bilingüismo harmónico, jajajjaaaa, todo sexa porque nin tan sequera un dos "mindovisitantes" se vaia descontento. Hai que foderse.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2009 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0