Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O tren de Mondoñedo
O Tren
Lemos en "La Voz de Galicia" na súa edición da comarca do Deza do pasado día un de febreiro:
(...)
Con el obispo por delante, como procedía casi siempre en aquellos tiempos, varios alcaldes de las provincias de Pontevedra y Lugo, sus diputaciones y sus gobernadores civiles celebraron distintas asambleas a mediados de los felices años veinte del siglo pasado -en concreto en 1925- para ponerse de acuerdo y fijar un compromiso económico común que les permitiera engancharse a una iniciativa del Estado que permitía crear líneas de ferrocarril en aquellas zonas donde los municipios beneficiados aportasen parte de los gastos.(...)
Buscaban crear el Ferrocarril Central Gallego, que uniría Marín con Ribadeo, con un ramal hasta Vilagarcía, y pasando por Pontevedra, Lalín, Silleda, Lugo y Mondoñedo.
Este sería o tren de Mondoñedo.

Nova de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 05-02-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nota de prensa de Adega
FervenzaXUNTANZA EN CONTRA DAS MINICENTRAIS EN MONDOÑEDO

Maña xoves día 5 de Febreiro ás 20:30 horas, no ?Centro Comarcal de A Mariña Central? en Mondoñedo, terá lugar unha xuntanza aberta a tódolos mindonienses para analizar a situación actual no que se refire as concesións administrativas para a construcción das minicentrais hidroeléctricas nos ríos Tronceda e Figueiras. Nesta reunión, expoñerase a posibilidade de constituír unha plataforma de oposición a estes proxectos, xa que de levarse a cabo danarían de forma irreversible importantes recursos de Mondoñedo, principalmente o turismo e o medio ambiente.

Como xa se informou con anterioridade, o proxecto do ?Salto de Cabana? afectaría a un área recreativa moi querida en Mondoñedo; visita obrigada dos turistas nas súas vacacións e dos mindonienses no seu tempo lecer. A subtracción da auga necesaria para o funcionamento da minicentral, deixaría o río sen caudal suficiente para enchela piscina fluvial, e do mesmo xeito evitaría que puidésemos continuar contemplando os saltos de auga que dan nome ?A Fervenza?.

No proxecto situado na parroquia de Figueiras danaríase un ecosistema que ata o momento permanece inalterado. Con esta actuación, o río veríase afectado durante máis de dous quilómetros, nun tramo medio - alto de enorme riqueza natural. No río Figueiras constatouse a existencia de especies animais endémicas da Península Ibérica que na actualidade se encontran ameazadas, estando protexidas polo ordenamento xurídico do Estado e Galicia. Sorprendentemente, estes datos aparecen nos informes ambientais cos que a Consellería de Medio Ambiente pretende autorizar a minicentral hidroeléctrica, a pesar de que as instalacións non son compatibles coa conservación do hábitat das especies ameazadas.

Estes dous proxectos, a maiores do seu propio valor xa recoñecido dende sempre polos mindonienses, contan co engadido de estar cualificadas legalmente como Rede Natura.

A día de hoxe, as alegacións interpostas ante Augas de Galicia por asociacións, particulares e o Concello de Mondoñedo (setembro - outubro do 2007), non foron contestadas. A Lei de Procedemento Administrativo expón con claridade que as alegacións presentadas a procedementos en exposición pública, deben ser contestadas: ?La comparecencia en el trámite de información pública no otorga, por sí misma, la condición de interesado. No obstante, quienes presenten alegaciones u observaciones en este trámite tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada, que podrá ser común para todas aquellas alegaciones que planteen cuestiones sustancialmente iguales?. Neste caso, tanto ADEGA coma o Concello de Mondoñedo teñen a condición de interesados. O feito agrávase cando comprobamos que está sendo unha administración (Augas de Galicia ? OO.AA. da Xunta de Galicia) a que lle está negando este dereito a outra (Concello de Mondoñedo).

ADEGA
Alegacións presentadas ao Salto da Cabana
Opinión sobre a instalación do minicrental na Fervenza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
O dedo cocido
Xente bruta haina en todas partes e en tódalas familias, en Mondoñedo non podía ser menos e así suceden algunhas cousas como as que lles vou a relatar:

Alguén me contou que nunha ocasión un veciño de Mondoñedo acudíu ao médico (o médico que había e ben coñecido por todos) porque tiña un problema nun dedo. O doutor recomendoulle que le puxera "formentos" -creo recordar que este é o nome dun procedemento que consiste en meter a parte afectada, neste caso o dedo, en auga quente con sal para conseguir a súa cura-.
Pois ben, o home era tan brutiño que, como o médico lle dixera que aguantara o tempo que lle fora posible co dedo dentro da auga, el o que fixo foi por unha pota ao lume, botarlle sal en abundancia meter o dedo en cuestión no líquido e deixar que fora quecendo a auga. O home aguantou con estoicidade pois tiña claro que quería curar e canto antes mellor, pero tanto aguantou que literalmente coceu o dedo.
Vendo que a cousa en lugar de mellorar ía a peor decidiu volver a visitar ao facultativo. Nada máis chegar á consulta o doente mostroulle o dedo.
O médico non puxo moi boa cara e o paciente preguntoulle:
-E agora que fago?.
Ao que o Doutor contestou:
-Agora cómao.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 03-02-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0