Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sonido, ruído e silencio: ¡Boas noites, Mondoñedo!
Silencio04/07/2008

Facendo un repaso á prensa cibernética mundial para ver como son tratados diferentes temas que son do meu interese atópome cun artigo de opinión dun columnista da área de Sociedade de elcomerciodigital.com (irmán tecnolóxico de El Comercio, de Xixón), titulado ¡Boas noites, Mondoñedo!. Este texto fala das persoas ?bordes?, da ampliación da xornada laboral e de grandes estrelas como Bob Dylan, aquí é onde fai referencia a Mondoñedo: ?Ya lo dijo un concejal nacionalista -de Mondoñedo, me parece que era- que descartó llevar al Príncipe de las Artes a las fiestas de su pueblo porque «canta de espaldas y, encima, no toca ninguna canción conocida». Tampoco saluda en galego?. Eu contesteille: ?Como me gusta que se escriba sobre Mondoñedo, ya sea para bien o para mal: es que soy un chauvinista empedernido. Pero debo reconocer que esta ocasión me han subido mucho las endorfinas al ver que el autor o la autora de este texto se equivocaba y citaba mi ciudad de nacimiento. Ojalá los mindonienses pudiésemos tener la chulería de decir que "pasamos" de estrellas consagradas y de prestigio y reconocimiento mundial como Bob Dylan. Ojalá, pero no, nuestra autoestima en ese sentido está mucho más baja y debemos preocuparnos de cosas más mundanas como por ejemplo que el "silencio" del que hablaba Cunqueiro al caminar por las estrechas y empedradas calles de Mondoñedo se pueda seguir escuchando una vez que comiencen a circular por la ladera del monte Padornelo los coches y camiones que siguen la Trascantábrica.
Desde logo quen o dixo non foi ?Justito?, senón un edil da Praza de María Pita, pero agardo que o concelleiro de cultura de Mondoñedo e os demais membros da corporación se preocupen do sonido, do ruído e do silencio e estuden o impacto acústico que pode ter a autovía no val. Desde logo que neste momento escoitanse ben os camións que están a traballar na súa construcción. Se cadra a solución podería ser colocar unhas pantallas acústicas. Ou non.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 10-12-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
O San Xoán dos Muiños
Fogueira30/06/2007

Unha noite de San Xoán dinme conta de que as galletas Tostaduca me daban noxo e tardei varios anos e voltar a probalas. Alguén estaba cunha botella de viño doce Sanson e botaba o líquido en cubiletes de remexer os dados no parchis para convidar á xente que pasaba polo seu carón. Alguén sacou un paquete de galletas de envase dourado e partíndoas á metade polo seu lado menor consegúían metelas no cubilete e mollalas no viño doce, probei e non me gustaron.
Pero aquela noite estaba ardendo a foleón, xa deran as doce. Luuuuuuuumeeeeeeeeeeeee. Meigas fora.
Aquel ano coma todos os anteriores os nenos e mozos dos Muiños foramos buscar os coeiros en carretillas polas hortas do arredor, un traballo de formigas que se vía moi axudado cando Néstor e os Espina (Moncho e Mito) collían o Land-Rover dos Leivas co remolque-grúa para carrexar nun par de horas a mesma cantidade que aos máis pequenos nos levaba todo o día.
O pai Espina xa trouxera o poste de telégrafos para facer a estructura do foleón, do rebo encargárase Lombardero.
Era un traballo de equipo e cada quen aportaba o seu graíño de area. Incluso as señoras que acababan de pintar as fachadas das súas casas. Elas poñían a nota de cor.
Como dicía, o foleón estaba ardendo e Lito moi atento coa mangueira por se o lume se escapaba, non fora ser que armara unha que valera por moitas.
Pasando as horas a fogueira consumíuse e o arrecendo a sariñas asadas e torrezmos enchía a praza.
O Ferrañol tirara na fogueira as moedas que sobraran da petición veciñal para mercar as viandas. Nin para ti, nin para min: ao lume o que é do lume.
Así sucedía, non importa que fora o 82 ou o 91 o único que cambiaba era o moneco que se poñía no bico do poste, delicadamente elaborado polas fillas de Priscila (q.e.p.d), Por Pilar Leivas ou Ana da Zoqueira. Tejero, Falconetti...
Pero agora non sucede.
A praza está en dous niveis e humanizada. ¿Humanizada?.
Do mesmo xeito que sucedeu coa sala de autopsias do Cemiterio Vello, sucedeu cos Muiños. ¿Progreso?. Non. ¿Non saber por onde andamos?. Si.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 10-12-2008 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Amenceu un día triste
20/11/2004

Antonte amenceu un día triste, pero a maior tristeza do día chegou co serán. Kike, como lle chamabamos os seus amigos deixounos. Foise. Dende a casa vexo pasar o cadaleito que vai no coche fúnebre rúa abaixo, xusto no sentido contrario ó que día a día durante varios anos seguiamos para ir ás clases de música e ó ensaio da banda que el dirixía.
Enrique Teijeiro, o zapateiro, o músico, o futbolista, home delicado de saude dende que o coñecín deixara hai anos de amañar zapatos, moitos máis de correr tras do balón e iso foi debido a que entendía que tiña que adicarse á música. Se cadra antonte pola tarde tivo que enfrontarse a outra gran dicotomía dalquel tipo, ou non. ¿Quen sabe como é a morte?.
O Kike músico foi un dos trece recuperadores da tradición musical popular na década dos oitententa en Mondoñedo. El axudou, dunha forma moi destacada, a crear a denominada Asociación Cultural ?Banda de Música Pascual Veiga? no seo da cal e grazas ás súas ensinanzas e ás doutros mestres nos formamos musicalmente varias dúcias de nenos e nenas mindonienses que posteriormente pasamos a formar parte da banda que Kike dirixía.
Con escasos medios pero con moita ilusión, concentrabamonos como sardiñas en lata máis de cen almas nun reducido, polvorento, húmido e frio local dos baixos da Praza de abastos para asistir ás clases de Linguaxe musical que el dirixía segindo o método de Hilarión Eslava, aquel co que o zapateiro tamén aprendera. Meses despois, como se de ir á misa se tratara, acudíamos á antiga capela do Colexio das monxas, reconvertido en Casa da Cultura, ese mesmo local serviría tamén para o ensaio da banda. Desde o que outrora fora altar da capela, dirixía Kike un variado repertorio que incluía algunha obra da súa autoría ou arranxo.
Hoxe estaremos todos, como ti querías, acompañándote coas longas notas do ?Recordo?.
Recordos hai moitos, vivencias aínda máis.
Grazas amigo. Descanse en paz, mestre.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 10-12-2008 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [14]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0