Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Traballando en morte.
Carlos Folgueira, O Rei das Tartas de Mondoñedo12/11/2008

Cando andabamos celebrando a festa dos defuntos á que moitos chaman Halloween, pero todos sabemos que provén do máis ancestro Samaín, Laura Lunardelli, unha xornalista bonaerense especializada no mundo do rock and roll visitaba Mondoñedo. Da súa estancia mindoniense houbo algo que lle chamou especialmente a atención e proba diso é o artigo publicado en días pasados no xornal arxentino ?La Nación?: ?Un reinado de tartas dulces?. Ao carón da súa columna aparece un retrato de Carlos Folgueira encima dunha cafetera de bar nunha instantánea tomada pola mesma reporteira. Se cadra o que máis lle chamou a atención non foi a torta en si, da cal di que a súa fórmula é tan segreda como a da Coca cola que lle pregunte a calquera mindoniense , senón o traballo de promoción que o defunto Rei das Tartas fi xo con este producto gastronómico e segue a facer. Comenta a xornalista as moitas fotografías que con personalidades de reconocido prestixio mundial ten O Rei nos seus establecementos de hostalería: hasta con Raúl Alfonsín.
O Rei era un xenial experto en promoción. Din e non sei si é verdade que mandou ao seu único fillo, Carlitos a estudar Marketing á Coruña e que os profesores que tiña lle comentaron a este que non perdera o tempo indo a unha escola, que o mellor mestre que podía ter nesta especialidade estaba na súa casa. Carlos era unha persoa envexada por moitos, ata por homólogos seus. Nun encontro co monarca de España, o reposteiro mindoniense comentoulle a Juan Carlos I que era máis ?Rei?ca el pois o dos bigotes era Carlos I de Mondoñedo e ?quinto? de Zaragoza, lugar donde cumprira co servicio militar.
Juan Carlos en certa ocasión como nos recorda Laura tamén lle dixo a Carlos Folgueira que tiña envexa do seu reinado porque este era moi doce.
Cando alguén traballa tanto en vida e o fai tan ben, o tempo da súa existencia non é suficiente para asimilar todos os seus froitos por eso en morte parece que continúa traballando.
Este é o caso do Rei das Tartas de Mondoñedo, quen a día de hoxe continúa a facer promoción da torta que leva no seu rostro o rosetón policromado da catedral de Mondoñedo e por extensión da vila que o veu nacer e o recoñeceu
como o seu Fillo Predilecto.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos doutro tempo - Publicado o 11-12-2008 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Néboa
NéboaNéboa,
manta branca que cubres a cidade,
que humedeces os miolos e pesas nos corazóns
FUXE!.´
Néboa,
mar de agua branca que bañas a cidade,
que fas vivir,
imaxinar.
Queda.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 11-12-2008 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Auga, petróleo do século XXI
AugaQuen?.
Quen foi?.
Quen o dixo?.
Non.
Non pode ser.
A auga é túa.
A auga é miña.
A auga é nosa.
A auga non é das Koplovich.
Primeiro foi o ouro,
logo o ouro negro,
agora: Auga, petróleo do século XXI.
A auga non é túa.
A auga non é miña.
A auga é nosa.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 11-12-2008 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0