Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fomentar o aforro
Meu pai sempre me dicía que eu fora ?un día? o cliente máis novo do Banco Pastor. Esto é debido a que pola década dos setenta e principios dos oitenta , cando nacía un neno ou unha nena tíñase a costume de abrirlle unha conta bancaria. Incluso daquela nos bancos había productos para fomentar o aforro infantil e dese xeito, familia, sociedade e entidades financieiras educaban na cultura do aforro. Aínda lembro as uchas metálicas do antigo Banco de Bilbao que unha vez cheas había que abrilas cun abrelatas e as camisetas do Banco Pastor coa serigrafía dunha planta medrando (unha clara metáfora do aforro) que che facían sentirte unido á entidade.
Chegaron os oitenta ?con intereses altos- e os noventa ?xa máis asequibles- e o que interesaba era ensinar á sociedade a consumir: ?Queres mercar un piso?, non hai problema, toma diñeiro para o piso, os mobles, o coche, a moto e como todo esto é agobiante tamén para irte quince días a Punta Cana, Ah, e tranquilo non te apures en pagar que cho poñemos todo a cómodos prazos para toda a túa vida e a dos teus descendentes?.
Agora a realidade é ben diferente. Os bancos e as caixas de aforros miran moi ben a quen dan un crédito e que cantidade prestan. As cousas xa non son tan doadas e agora tal e como sucedía no momento no que eu nacín, os bancos deseñan productos para o aforro infantil e xuvenil. Xa se poden ver cartillas bancarias cos Lunnis na súa portada ou MP4 de agasallo por ingresar unha determinada cantidade nunha conta bancaria.
Estamos en tempo de fomentar o aforro e non so o enerxético. A historia din que é cíclica e debe selo, aínda considerándome mozo comezo a ver cousas que xa teño visto noutros tempos.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-12-2008 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Responsabilidade
Aló por primeiros do mes de novembro saía nos noticieiros dixitais unha nova que creo que non tivo gran repercusión entre os medios de comunicación ?chamemos- convencionais: ?Albergar comentarios de otros en la web no es delito?, titulaba ?Público.es?. Os autores e mantedores da web www.mindoniense.com foran demandados por un antigo rexedor mindoniense por ?antentar contra su honor?. Eles nada tiñan que ver cos comentarios que alí se escribiran, así o entendeu o xuiz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Mondoñedo ao amparo da Lei de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI).
Eu non sabía nada da demanda ata o momento en que se dictou sentenza, pero celebro que quedaran absoltos.
A irresponsabilidade de quen non puxo o seu nome e non ?deu a cara? para acusar a alguén de algo, fixo que o foro de www.mindoniense.com desaparecera (ou quedara temporalmente ?máis dun ano- fóra de servicio) e fíxollo pasar mal a Chisus e a Caselas. Tamén privou a moitos usuarios de poder debatir e aportar información sobre temas mindonienses, eu mesmo tiña alí unha especie de sección titulada ?Anecdotario mindoniense? no se que recollían historias curiosas acontecidas en Mondoñedo ou a mindonienses.
Desde pouco antes das pasadas eleccións municipais, aparecen en Mondoñedo con periodicidade incerta unhas coplas que tratan temas de actualidade local ?certamente moi interesantes desde o punto de vista da cultura popular- pero que agochan ao seu autor ou autores e eso tampouco está ben, sobre todo tendo en conta que ?poñen a parir? a persoas coñedidas por todos.
Cando se fai público algún texto hai que ter o orgullo e a RESPONSABILIDADE de asinalo, deste xeito pensaremos mellor o que poñemos. Sendo así, ao meu entender poderemos valorar mellor a súa credibilidade e non meter en camisas de once varas a quen con total desinterés monetario e con moito esforzo persoal pon en marcha proxectos útiles para todos.
Sen lugar a dúbidas a sentenza do Xulgado de Mondoñedo resulta tremendamente positiva para a liberdade de expresión en Internet. Pero tanto no mundo virtual como no mundo real non debemos confundir liberdade con libertinaxe.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-12-2008 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cal de Masma
Non só de textos vive o home, ou a muller segundo o caso, é por esto polo que engado un video no que se recolle o traballo dos "últmos? caleiros de Masma".





Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 16-12-2008 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0