Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De facelo, facelo ben
Valla marelaCando traballaba como técnico de cultura do Concello de Mondoñedo chegamos a programar, durante o verán do ano 2001, un acto cada dous días. Aquelo era de tolos e había moitos detalles que saían mal, sobre todo desde a miña óptica posto que eu sabía como quería que salira e, ao igual que Aníbal o do Equipo ?A?, a min gústanme que os plans saian ben.
Pola contra, parece que ao actual goberno bipartito de Mondoñedo lle da igual que as cousas saian ben ou mal, ou polo menos determinadas ?custións? ?como diría o concelleiro de cultura, que por certo non estivo presente na celebración á que me vou a referir-. Neste caso estou a falar do acto que con motivo do aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro se celebrou diante da súa estatua sedente na praza da Catedral de Mondoñedo o pasado 23 de nadal (Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo o 22 de nadal de 1911, se a cabeza non me falla).
Ao xa ?sabido? e odiado ?polo menos por min- retraso sobre o horario previsto: máis de media hora, hai que sumarlle que durante todo o tempo que estivemos alí non deixaron de pasar coches de arriba para abaixo e de abaixo para arriba. E todo esto por non mostrar nin o máis mínimo interese e respeto por ninguén. Nin polo escritor homenaxeado, nin polos ferroláns que se achegaron a Mondoñedo e que coorganizaron as actividades, nin polos presentes, nin sequera polos conductores que pasaban cos seus vehículos polo lugar.
E, neste caso, non é unha cuestión de falta de medios nin de capital monetario nin humano, é por non saber ou non querer empregalos correctamente. Incluso había unha grella desas marelas que poñen para cortar o tráfico pegadas ao paredón que en lugar de cumplir coa súa función estaba "estorbando" visualmente.
Se me chego a ver dentro do meu coche naquel momento e naquela situación non sabería que facer: se paso, sentiríame avergoñado por interrumpir; se paro, estaría preocupado polo que pensarían os automobilistas que tería detrás. Ousexa que, por favor, Alcalde e concelleiros de goberno fagan algo: xa sei que cando se fai algo sempre xurden críticas, pero é mellor ser criticado por facer que non por deixar de facelo, na maior parte dos casos. E cousas para facer hai moitas, por lembrar algunha relacionada con Cunqueiro: recuperar o Premio de narrativa que leva o nome do escritor e que se organizaba conxuntamente co Concello de Vigo e que leva sen saberse nada del desde o 2001.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-12-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Non fai tanto tempo que sucedeu, pero parece alonxado
Lembremos os comezos do presente milenio, cando en Mondoñedo se traballaba nos exteriores da serie de televisión "Terra de Miranda".



Antes de "Terra de Miranda", Mondoñedo acolleu a producción doutros traballos audiovisuais para televisión como por exemplo "Novo de Parmuide"


Novo de Parmuide



Xénero: Ficción

Subxénero: Mediametraxe

Produción: 1987
Target: Público adulto




Tomando como referencia escritos e contos do autor mindoniense Alvaro Cunqueiro, Roberto Vidal Bolaño constrúe unha historia na que quedan perfectamente definidos os personaxes cunqueirianos e con eles certa forma de entender a vida dunha Galicia típica pero non tópica.
A ironía, o humor e o dramatismo de Cunqueiro reflíctense nesta produción que, no seu día, foi o primeiro dramático para Televisión de Galicia.

Para saber máis sobre "Novo de Parmuide"

"Novo de Parmuide" servíu como ensaio para crear outros productos audiovisuais de ficción para a televisión inspirados, igual que o primeiro, en contos de Álvaro Cunqueiro. CTV tamén produxo unha serie no ano 1989 que tiña como título xenérico "Os outros feirantes".
"Os outros feirantes" é unha serie de televisión producida por TVG baseada na obra homónima de Álvaro Cunqueiro. Andrés Pajares, Alfredo Landa, Santiago Ramos e Gabino Diego interveñen xunto con 70 actores galegos neste gran drama.
Algúns dos galegos que participan son Tuto Vázquez, Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira "Pico", José Ángel Egido e Margarita Fernández.


Os outros feirantes

Xénero: Ficción

Subxénero: Serie

Produción: 1989
Target: Todos os públicos




Para saber máis sobre "Os outros feirantes"


(Continuará...)
Poder ler online a obra de Cunqueiro: "Xente de aquí e de Acolá", no que están incluídas as hisotiras das que aquí falamos
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 20-12-2008 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
O museo de Mondoñedo
Cando o anterior Bispo de Mondoñedo, Monseñor José Gea Escolano tomou a decisión de destituir ou ?xubilar? do seu cargo ao anterior encargado do Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo, Don Santos Cristóbal Sebastián, eu escribín un ou varios artigos, non recordo agora apoiando a súa decisión ?a pesar de que estar de acordo con Gea non era algo moi frecuente-. Falaba da necesidade da renovación xeracional, da incorporación de xente que aportara novas ideas e ilusión e doutras cousas máis. Plantéxome se estou arrepentido.
Fai uns días acudín ao Museo da Catedral de Mondoñedo, creo que actualmente denominado ?Santos Cristóbal Sebastián? xunto cun parente que estaba de visita e leveime unha gran decepción ao comprobar que nos recibía a responsable da instalación ao tempo que falaba polo seu teléfono móbil e que despois de cobrarnos unha entrada non sei se de un ou dous euros, nos di que visitemos libremente as salas e que se temos algunha dúbida ou curiosidade que lla preguntemos. As salas reducíronse a dúas e non precisamente as máis destacadas desde o punto de vista arquitectónico e o material exposto debeuse quedar nun cinco por cento do que había antano, eso si, moi ben colocado. Xa non se poden visitar as salas abovedadas nin pasar ao carón do impresionante rosetón policromado da Seo mindoniense. Perdeu moito do seu encanto e a visita que antes levaba horas, agora faise en dez minutos.
Como a encargada se me ofreceu moi amablemente a contestar ás nosas preguntas eu comecei a preguntar sobre o estado do museo e faloume de que a situación actual era responsabilidade da Xunta, do Cabildo catedralicio e non sei de quen máis. A min éme igual de quen sexa a culpa, pero poñamos sentidiño o Museo non pode estar así, ousexa que entre todos fagamos algo para recuperar o explendor que algún día tivo esta institución que sen dúbida resulta un interesante reclamo turístico para Mondoñedo e unha fonte de coñecemento.
Saberán os responsables da Fundación ?Barrié de la Maza? que tanto invertiron no Museo de Mondoñedo cal é a súa situación actual?.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-12-2008 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0