Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ramón Arangüena ten orixes mindonienses
Ramón Arangüena"Mi familia viene de Mondoñedo, teníamos una casa en Los Molinos y conocí a Cuqueiro.En casa tengo algún libro firmado por él. Leí "Xente de aquí e de acolá","As crónicas do Sochantre"... Me encantaban sus conversaciones con los cuervos y sus historias de Mondoñedo".


O popular xornalista e humorista Ramón Arangüena, coñecido entre outras cousas por ser colaborador nunha etapa e copresentador noutra de "Lo + plus" e que na actualidade ten unha sección no programa de Antena 3 "Espejo público" declarou nunha entrevista concedida a Faro de Vigo en días pasados que a súa familia vivíu en Mondoñedo, en concreto no Barrio de Os Muiños do cal garda bonitos recordos.
Entrevista completa de Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 27-12-2008 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pancho de Martín
Este, se cadra, podería ser o Pepito, de Panchiño"Equis particularmente": así comezaría o texto se o relatara Panchiño de Martín, un "caminero da reputación" (Excma. Deputación Provincial de Lugo) que andaba moitas veces cargado coa batideira e as máis con carga de clarete.
Pancho que vívía nos Muiños de Arriba, era moi amante dos animais. Sendo eu neno tiña un can que se chamaba Andarín, pero xa tivera outros animais de compaña como a galiña Cocó, que o acompañaba cando saía de chatos pola vila, ou o cocho Pepito, o cal acabou en chourizos e en fonte de inspiración para O Pallarego, quen lle compuxo unha canción que dicía así:

Pancho matou o Pepito.
Pancho matou o Pepito
e en vez de pagar arbitrios,
aindivo de porta en porta
repartindo nos chourizos.
Andivo de porta en porta
repartindo nos chourizos.

Esta non é máis que unha pequena anécdota das moitas que se produciron ao longo da vida de Panchiño, se che recordas algunha -sobre este personaxe ou sobre calquera tema mindoniense- e che presta, podes remitila ao seguinte enderezo electrónico: fbouso@edu.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 26-12-2008 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Un mindoniense agraciado coa Lotería do Nadal
QUINTOS PREMIOS
La Favorita hace los honores
La Lotería deja 2,3 millones de euros muy repartidos en Oviedo gracias a46 series de dos quintos. El premio fuerte salió de la famosa administración de El Fontán

23.12.08 - R. M. B.| OVIEDO


Este é o encabezamento da nova publicada en elcomerciodigital.com na que nos enteramos de que a fortuna tamén chegou a Mondoñedo no sorteo da Lotería Nacional do pasado 22 de decembro. No desarrollo da noticia aparece o seguinte parágrafo:
«¡Puxa Asturias!», exclamaba acodado en la barra Manuel Pedreira, un gallego de Mondoñedo que afirmaba estar brindando con «champán de La Rioja». Manuel tenía dos décimos y muy clara la idea de qué hacer con su dinero: «le voy a dar 5.000 euros a un amigo de Mondoñedo que los necesita, 3.000 a mi mujer y los otros 2.000 voy a ventilarlos». Como José Antonio Coya, Pedreira ya conocía la sensación de ganar en en los juegos de azar. Hace años consiguió 500.000 pesetas jugando a la quiniela.
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 26-12-2008 02:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0