Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A música na Idade Media
Na idade Media prodúcese una ruptura con todo o anterior, como se a humanidade nacese de novo. A alta Idade Media (s. V ao IX) caracterízase pola inestabilidade e as constantes gerras. A única institución que mantiña certa estabilidade e cohesión era a Igrexa, por iso non é de estrañar que tódalas manifestacións artísticas ou culturais da época teñan a súa orixe nela, tamén as musicais.

A Igrexa aproveitou o canto eclesiástico como verdadeiro motivo de cohesión entre os pobos, polo que ao longo de moitos anos a música foi o único punto en común entre moitos pobos e tiña como única razón de ser a de servir ás celebracións litúrxicas para louvar a Deus. O único instrumento que se empregaba era o órgano.

Gregorio I, ?O Grande? (590) reordenou e completou as melodías do canto eclesiástico para configurar un antifonario unificado e válido para todo o ano que se convertiría no canto oficial da liturxia. Este canto recibe, na súa honra, o nome de Canto gregoriano.

Co gregoriano naceu a que hoxe en día coñecemos como notación neumática. Tamén da Idade Media é a orixe da notación musical actual: foi Guido d´Arezzo (990-1050) quen entendeu que por nome ás notas facilitaría a súa entoación e así o fixo e dende entón ata os nosos días conservan o mesmo nome.

En orixe o gregoriano era un canto a unha soa voz, pero ao realizarse de forma grupal, resulta difícil que non aparezan outras voces, como así aconteceu.
Á melodía orixinal acompañábaa outra paralela que iría unha quinta por encima e a esta engadiríaselle posteriormente outra, que cantaban os acólitos, unha cuarta por encima, o resultado desta mezcla de voces denominouse ?orgamun?, e a súa evolución a tavés do ?discantus? e o ?conductus? daría lugar ao contrapunto.
As técnicas compositivas foron avanzando ata a aparición da Polifonía que terá o seu momento de maior desenvolvemento no Renacemento.

Á marxe da Igrexa, durante a Idade Media tamén se desenvolveron outro tipo de músicas profanas ou populares. Os encargados da súa composición e divulgación eran os trobadores (no caso da música culta) e os xograres (música popular).
Desta época son as Cantigas de Santa María, de Afonso X ?O Sabio? ou as profanas de Martín Códax.

Da Idade Media son as formas musicais denominadas Canon, que ten as súas orixes no século XIII e o Rondó que comezou a cultivarse no século XIV e que aínda hoxe en día empregamos como ferramenta compositiva.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 11-01-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Encantada
Hoxe quero recomendar a visita, seguemento e lectura dunha web que me parece especialmente BONITA, trátase de GALICIA ENCANTADA, que coordina o mindoniense Antonio Reigosa.
En GALICIA ENCANTADA podemos atopar moitas lendas, información e historias, algunha delas relacionadas con Mondoñedo como A LENDA DA PONTE DO PASATEMPO.
Antonio Reigosa é guía do MUSEO PROVINCIAL DE LUGO que mañá pecha os actos de celebración do seus primeiros 75 anos de vida. Parabéns.
Aprobeitamos esta entrada que trata das lendas para preguntarnos se algunha faladuría que anda por Mondoñedo e á que se recorre con certa periodicidade como é a de que algún bispo Mindoniense quixo traer (canalizar) o mar ata Masma ten algún fundamento ou se queda únicamente neso: nunha lenda.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 09-01-2009 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cunqueiro
No ano 1978, Álvaro Cunqueiro participaba no programa de entrevistas "A Fondo" de Televisión Española que dirixía Joaquín Soler Serrano. Este programa que ten unha duración lixeiramente superior a unha hora podémolo ver agora aquí:

Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 08-01-2009 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0