Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Terceira entrega de Unha odisea na neve
Land Rover 109 super
Xa está publicada a terceira achega de "Unha odisea na neve" a aventura vivida por Cándido Chantres e meu pai, Manolo Bouso na procura dun novo millonario alá polos Agros no medio da Fraga Vella.
Nesta terceira entrega os banqueiros conseguen apalabrar o contrato co agraciado con cincuenta millóns de pesetas, pero a neve ponse de por medio.

Pincha aquí para ler a historia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2009 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Núñez e Mondoñedo
Carlos NúñezNas San Lucas do ano 1996 a actuación estelar foi unha nacente figura da música galega, un gaiteiro, un frautista, Carlos Núñez. Daquela aínda un crío que viña de tocar cos míticos The Chieftains e que acababa de publicar o seu primeiro disco "A irmandade das estrelas". Neste primeiro traballo discográfico incluíase un tema titulado "Vilancico para o nadal de 1829", rescatado dos arquivos da Catedral de Mondoñedo.


No ano 2003 publicou o seu quinto e penúltimo traballo, polo momento titulado "Almas de Fisterra", neste disco inclúese un tema titulado "As Covas do Rei Cintolo"



Núñez afirma que este tema foi rexistrado fonográficamente no interior das Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo, lugar do que afirma que ten unha estupenda acústica.
No making off de "Almas de Fisterra" podemos ver como Carlos Núñez éntra nas Covas do Rei Cintolo, o que fixo alí dentro non o sabemos.

As covas do rei Cintolo, una pieza recogida en cuevas subterráneas de las montañas de Mondoñedo a las que Carlos y su hermano Xurxo descendieron junto a un grupo de espeleólogos durante más de cuatro kilómetros. Según el escritor Alvaro Cunqueiro, los habitantes cercanos hablaban siempre de la antigua presencia en esas cuevas del rey Cintolo, el nombre gallego del Arturo bretón, y en ellas se puede apreciar una arquitectura natural fantasiosa que desemboca en la sala de órganos, una verdadera catedral intraterrestre. Allí, con instrumentos diminutos, se recogió el sonido de las estalactitas que aparece sampleado en el álbum.



Terán morriña os morcegos cintoláns do son da frauta do gaiteiro vigués?.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Facendo mindonicidade
Mindonicidade
Onte pola tarde no programa "O tren do serán" da Radio Galega que presentan Cristina Lombao e Sebi Martínez, pouco antes das seis da tarde na sección "Galicia encantada" que coordina o mindoniense de Zoñán Antonio Reigosa (o mesmo do que xa temos falado con anterioridade nesta bitácora) entrevistaron ó profesor, investigador e escritor tamén mindoniense (título este último do que máis lle gusta presumir), Armando Requeixo.
A conversa versou sobre o etnógrafo tamén mindoniense Eduardo Lence Santar y Guitián. Requeixo falou sobre o traballo que ten realizado coa investigación etnográfica do home das barbas brancas e longas.
Na conversa, Antonio Reigosa non deixou pasar a oportunidade de recordar a necesidade de recuperar un xogo popular mindoniense como é "O Tangueiro" que está inspirado nas xustas medievais e que tería perfecta cabida no Mercado Medieval de Mondoñedo. Desde aquí tamén me sumo á inquedanza de Reigosa.
A conversa podémola escoitar aquí:

Para saber algo máis sobre "O Tangueiro" podedes visitar "O Rincón de Candia'86" desde aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 16-01-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0