Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Noventa nacementos no 1976

No ano 1976 naceron en Mondoñedo un total de noventa nenos e nenas, a cifra máis alta de alumbramentos desde fai trinta e tres anos. Nas últimas anualidades (temos datos ata o ano 2007, aínda non dispoñemos dos nacementos do ano 2008) o número de nenos que viron a luz en Mondoñedo é sustancialmente menor tal e como se pode observar na gráfica nos últimos anos.
1975 77 / 1976 90 / 1977 83 / 1978 82 / 1979 80 / 1980 77 / 1981 61 / 1982 60 / 1983 58 / 1984 44 / 1985 39 / 1986 70 / 1987 31 / 1988 34 / 1989 40 / 1990 34 / 1991 31 / 1992 38 / 1993 28 / 1994 21 / 1995 19 / 1996 23 / 1997 21 / 1998 27 / 1999 13 / 2000 25 / 2001 24 / 2002 17 / 2003 32 / 2004 23 / 2005 31 / 2006 23 / 2007 24


IGE, INE.
Os datos do ano 2007 son provisionais

¿Cantos dos noventa nacidos no 1976 residen habitualmente en Mondoñedo?

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns para ti
Nestes días imos cumplir anos moitos rapaces e rapazas nacidos en Mondoñedo no ano 1976. Parabéns para todos e todas.
Coñecemos seguramente cancións de cumpleanos en castelan, en inglés... e en galego, sabemos algunha?. Por se non coñeces ningunha ata o momento, aí vai esta:

Parabéns para ti,
nesta data querida,
moitas felicidades,
moitos anos de vida.




Hoxe é o aniversario, e van 33, de R.L. que está a varios centos de quilómetros de Mondoñedo. Desde aquí unha tarta de Mondoñedo virtual á que lle debes por as candeas precisas.















Como non atopei ningunha gravación do tema do aniversario fixen eu unha versión "a capella", esperemos poder mellorala algún día, esta foi de "urxencia".

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
A música na escola
En ocasións os pais e nais de nenos en idade escolar queixánse do elevado número de materias que os seus fillos teñen que cursar, e aínda por riba a eso hay que sumarlle as actividades extraescolares. Matemáticas ou linguas (sobre todo o castelán) son materias que parecen indiscutibles, que claramente teñen que estar no currículo da educación obrigatoria, sen embargo hai outras disciplinas que parecen moito máis accesorias, entre elas a que leva a palma é música, en boa medida porque cando os que hoxe son pais estudaban (durante o período obrigatorio) esta materia non aparecía no seu plan de formación.
Ao longo de boa parte da historia da humanidade a música aparece como elemento de importante valor formativo. Sabemos que xa na Antiga China, esta materia era considerada como medio para a reforma da moral pública, así o estimaba o sabio Confucio. Platón igualaba en categoría a música coa retórica, a dialéctica e as matemáticas e empregábaa como disciplina para formar aos mozos. Quintiliano estableceu que a música era disciplina obrigada na educación. Carlomagno favoreceu o estudio musical no mundo occidental. Na Idade Media a música estaba incluida no Quadrivium. En Atenas foi moi cultivada e estudiada. No Renacemento, a música pasa de ser un elemento útil para a formación a convertirse nun espectáculo. Esta situación manterase ata mediados do século XIX. Foi daquela cando se volta tomar conciencia do valor educativo da música, un dos principais recuperadores foi John Curwen, ao cal seguiron outros, xa no século pasado, como Willens, Dalcroze, Ward, Kodaly ou Orff, os que están considerados como os pais da actual pedagoxía musical.

¿Cales son os beneficios da música como ferramenta educativa?
Os ámbitos da personalidade humana son tres: mental, físico e afectivo-social. A educación musical é capaz de desenvolver estes tres polos.
A educación tradicional só se preocupaba de desenvolver nos nenos e nas nenas os aspectos relacionados co ámbito cognoscitivo e psicomotor, deixando a un lado o ámbito afectivo-social. Na actualidade, as novas correntes pedagóxicas entenden que deben ser desenvolvidos os tres ámbitos da personalidade, xa que estes son interdependentes e están interrelacionados.

A música é unha ferramenta capaz de formar de xeito globalizado nos tres ámbitos da personalidade a través, por exemplo, da canción. Cando se está a traballar con este tipo de material, pomos en funcionamento os mecanismos mentais, xa que hai que aprender a letra da canción (interiorizala e memorizala), físicos (técnica vocal) e establécense lazos afectivos e relacións sociais (cantar en conxunto, disfrutar co canto...).

O aprobeitamento da música para a formación dos nosos nenos e nenas é de gran utilidade, pero tamén hai que ter claro que durante o período da escolarización obrigatoria a música debe ser unha ferramenta para axudar a formar a personalidade e non debemos utilizar a persoa (o alumno ou a alumna) para facer un músico, para este fin existen outras institucións formativas como as Escolas de Música ou os Conservatorios.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 19-01-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0