Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mondoñedo desembarca en Madrid co seu Mercado Medival
O día 30 de xaneiro de 1999, fai agora dez anos un nutrido grupo de mindonienses desprazáronse ata Madrid en autobuses e camións para montar na Praza de Tirso de Molina unha representación do Mercado Medieval de Mondoñedo.
A experiencia xa funcionara noutras localidades galegas como Lugo, Santiago de Compostela ou Vigo, pero ningunha resultou tan productiva ao meu entender como o desprazamento feito á capital de España.
O evento coincidiu coa feira de turismo FITUR, sen embargo os medios de comunicación madrileños fixeron maior promoción de Mondoñedo que da propia feira. Televisións, radios e xornais levaron aos seus contidos a noticia que trataron con amplitude.
Os artesáns e comerciantes mindonienses agotaron os productos e ata se vederon os cepos cos que se montaron os postos do mercado.
Lembro que chegamos moi cedo á Praza de Tirso de Molina e alí non había ninguén a quen preguntarlle nada, non sabíamos donde había que montar nin como facer. Eu era o encargado da ambientación musical e da megafonía e non tiña ningún cadro eléctrico no que tomar corrente. Axudado por un par de persoas do GRUMIR, Pedro Gallego e Manolo Ledo, creo recordar, abrimos unha placa metálica que había na beirarúa próxima e deu a casualidade que era unha baixada a un transformador eléctrico, e nas escaleiras había unha bombilla da cal sacamos electricidade para todo o mercado axudados por un pouco de celo e uns palillos, non sei como aguantou a improvisada instalación toda a xornada, pero aguantou.

Algúns fragmentos dos artigos da época son estes:
El Mundo

Mondoñedo trae su artesanía a las calles de Madrid
Los artesanos de la localidad gallega de Mondoñedo (Lugo) viajaron ayer hasta Madrid para ofrecer sus productos, tal y como los elaboran desde la Edad Media, a todos los madrileños. Para ello, instalaron un auténtico mercado medieval en la céntrica plaza de Tirso de Molina, donde dieron a probar a los visitantes su exquisita empanada, los típicos torresnos y un pan con jamón cocido que hizo las delicias de los paladares. Además de poder comprar estos productos, los transeúntes pudieron ver in situ cómo trabajaban herreros y alfareros, igual que lo hacían sus antepasados hace 500 años.


El Pais

Mondoñedo desembarca en el corazón de Madrid con su mercado medieval
F. NEIRA, - Madrid - 30/01/1999

Desde 1156, todos los años, en la plaza de la catedral de Mondoñedo (Lugo), se celebra ininterrumpidamente la feria de As San Lucas, un mercado que aún conserva, ocho siglos después, el aroma y el sabor de aquella villa bulliciosa y colorista que surge del corazón mismo del valle, a medio camino entre las tierras llanas y la costa del Cantábrico. Tanta fama ha alcanzado ese mercado que la villa lucense ha optado por exportarlo a otras ciudades: Vigo, Santiago de Compostela, Lugo capital. Hoy, por fin, el jolgorio de peregrinos, judíos, el ciego de satíricas coplas y demás figuras que ha conservado la tradición saltan la frontera de Piedrafita y desembarcan en terrenos mesetarios: la muy madrileña plaza de Tirso de Molina.A partir de las 11.30, curiosos y paseantes podrán adentrarse por este mercado, en el que no faltan el mesón, los talleres de zoqueiros (constructores de zuecos) y oleiros (alfareros) y, sobre todo, las mesas con ricas viandas de la tierra de Álvaro Cunqueiro: empanada, jamón cocido, liscos (tocino a la brasa), quesos, tarta de Mondoñedo, orejas y filloas, entre otras delicias para la golosía. En el centro de la escena, una fuente riega de vino las gargantas de los hambrones. La fiesta mindoniense se prolongará hasta las tres de la tarde, si para entonces quedan aún viandas.


Telemadrid emitiu un progrma de preto de media hora de duración antes do informativo da noite.

A Cadena Ser entrevistou ao por aquel entonces alcalde de Mondoñedo e principal artífice destas aventuras tan positivas, Javier Loira no programa de Pedro Blanco.

Para a ocasión editáranse uns trípticos, unha tirada moi corta de cen exemplares para entregar a autoridades e convidados especiais como o fonsagradino Antonio Fraguas (Forges), coñecido humorista que pasou boa parte da xornada disfrutando da festa que os mindonienses en Madrid.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Un temporal de sete estalos
A pasada fin de semana vivimos en Mondoñedo e en toda Galicia un temporal dunha magnitude que había 25 anos que non se lembraba. Unha das zonas máis afectadas foi A Mariña xunto con Ortegal.
En Mondoñedo estivemos sen suministro eléctrico desde a noite do venres ata ben avanzada a tarde do sábado. O mesmo sucedeu co servicio de telefonía tanto fixa como móbil.
En Galicia os ventos rondaron os doucentos quilómetros por hora, o que provocou que ata torres de alta tensión se viñeran ao chan.
Hai que lamentar o falecemento do Sarxento da Garda Civil de Tráfico de Burela que foi alcanzado por unha árbore cando se atopaba realizando tarefas de seguridade na estrada de Alfoz. En Vilalba un home perdeu a vida a causa dun incendio posiblemente provocado por un cortocircuito.
Afortunadamente en Mondoñedo non hai que lamentar danos persoais e os materiais son máis ben escasos, que se saiba, nunha fin de semana na que houbo seis enterros por morte natural.
As previsións son alentadoras. Para estar informado sobre a predicción do tempo pode enlazar aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2009 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
A música no Renacemento
Mentres que nas demais manifestacións artísticas deste período se produce un renacer das formas clásicas, na música non acontece o mesmo porque non hai referencias musicais da cultura grega ou romana. Polo tanto non podemos falar de música renacentista, senón que debemos referirnos ás produccións musicais deste período como música da época renacentista ou do Renacemento.

Será no Renacemento cando a música instrumental vaia collendo maior importancia ao igual que a polifonía. Aparecen agora instrumentos como o laude ou o virxinal e sofren un importante desenvolvemento a vihuela e o clavicordio. A pesar de que se empezaban a empregar os instrumentos de forma xeral aínda non aparece a orquestra como tal, neste período o papel dos instrumentos será o de sustituir algunha voz.

Nésta época aparecen formas musicais tales como a misa ou o motete, que son vocais relixiosas; o vilancico, a chanson, o lied e o madrigal, que tamén son vocais e profanas e formas instrumentais como a variación, a fantasía ou a tocata.

A misa é unha composición polofónica que está formada por un grupo de cantos que se interpretaban ao longo da celebración litúrxica.
O motete está composto a dúas ou máis voces e tamén presenta, ao igual que a misa, unha temática relixiosa e está escrito en latín.
Os vilancicos son obras musicais de orixe español e a súa temática é variada. Ao igual que a maior parte das composicións desta época consta de dúas partes, a mudanza (estrofa) que era interpretada polo solista e a copla ou estribillo que cantaba o grupo.
Nesta época en Francia creaban as denominadas chansons que teñen un marcado carácter expresivo e descriptivo e presentan unha estructura homofónica e pechada.
En alemaña apareceron os lieds que xa empregaba o contrapunto e que estaban escritos para tres ou catro voces.
O madrigal ten orixe italiano e presenta unha estructura libre e texto culto.
No que respecta á música instrumental, nesta época aparecen as variacións, que é unha forma musical que consiste na execución dun fragmento e a súa repetición constante aportando modificacións na súa ornamentación, a improvisación é fundamental neste estilo ao igual que na fantasía.
No Renacemento tamén ten orixe a forma musical instrumental coñecida como tocata, que é unha composición escrita para instrumentos de tecla.

Finalmente cabe destacar a gran importancia que sobre a música tivo nesta época a reforma protestante con Lutero á cabeza debido ás súas famosísimas corais que cantaba todo o pobo durante a celebración relixiosa.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 22-01-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0