Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Remata o verán
O vindeiro martes xa hai que incorporarse ao traballo e eso fai sentir que xa remata o verán ainda que oficialmente a estación dure uns cantos días máis. Son moitos os síntomas deste feito: xa non hai ganas de meterse na piscina (que do mar xa non falemos que nin me mollei nel unha soa vez en todo o estío -non por non querer, senón por non poder-), xa marchan os pailáns(*) da capital (eses que din que ata a música dos Cuarenta Principales en emisión vía satélite é máis atrasada aquí que na súa cidade mentres comen o xamón da última matanza e coa boca chea non se cansan de afirmar que teñen o combi cheo de ibérico que mercaron na súa última visita a Nova Yorke) e por suposto as noites son máis longas.
Xa logo chegan os Remedios, que coma sempre pasarán sen pena nin gloria servindo unicamente de entrante para o prato forte que son As San Lucas, eso si que xa é outro cantar -Nos Remedios nunca -que eu recorde- houbo cochitos eléctricos e nas San Lucas si, eso entre outras cousas é o que marca a diferenza.
As San Lucas pasarán e deixarán os recordos do brúar de cabalos e xentes ao unísono para dar paso á longa noite de pedra do novembro frio, húmido e oscuro. Soará o Esquilón para por a banda sonora?.



(*) Quen se pique é que comeu allos e quen non é que está libre de pecado, ousexa que non hai preocupación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2009 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0