Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comunicado de prensa da Plataforma Furapresas (creada para a defensa dos ríos Figueiras e Tronceda fronte aos proxectos de minicentrais en Mondoñedo).
Maña xoves día 7 de maio as 20:30 horas, terá lugar no Centro Comarcal da Mariña Central en Mondoñedo, unha reunión promovida pola Plataforma Furapresas. Na xuntanza darase a coñecer as iniciativas que se levaron a cabo ata o momento, e recolleranse novas propostas que podan xurdir entre os presentes en dita reunión.

Aproveitando a presencia dos visitantes ás festas de As Quendas, iniciouse unha campaña de recollida de sinaturas nos distintos locais de Mondoñedo, xunto coa colocación de carteis informativos e pancartas reivindicativas.

Dende Furapresas temos a percepción de que a sensibilidade da cidadanía con este asunto medra en proporción ao nivel de coñecemento dos proxectos de minicentrais previstos para os ríos Figueiras e Tronceda, en Mondoñedo. A indignación da xente faise máis patente ao comprobar que dende a propia administración autonómica quérese obviar a protección que no seu momento (mediante a iniciativa da Comunidade Europea) se lle concedeu a estes espazos naturais, catalogados como Rede Natura.

Plataforma Furapresas
WWW.FURAPRESAS.BLOGSPOT.COM
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0