Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ADEGA resposta ás declaracións de Augas de Galicia

O Consello da Xunta debe aprobar como último trámite os Planos Sectorias para as minicentrais hidráulicas de ?Salto da Cabana? e de ?Figueiras?.

Con respecto ás declaracións dos responsables de Augas de Galicia:

?las dos minicentrales que Norvento y Segel pretenden construir en el río Figueiras y en A Fervenza cuentan con concesión aprobada y ésta es legal?

As concesións firmes dos aproveitamentos hidroeléctricos non garanten unha posterior aprobación dos proxectos constructivos, xa que os mesmos deben cumprir integramente uns determinados requisitos que permitan a súa aprobación. De outra forma, non se entendería que o procedemento chegase a durar ata 13 anos. Ao longo do mesmo, teñen que realizarse diversas xestións nas Consellerías de Medio Ambiente (informe preceptivo e vinculante), Política Territorial (informe preceptivo e vinculante) e Industria (declaración como de utilidade pública). A falta de autorización destes departamentos, imposibilitaría a construcción das minicentrais.

Por todo isto que expoñemos, queda máis que probado que a concesión firme dun aproveitamento hidroeléctrico non vincula respecto a autorización do seu proxecto constructivo. Se así fose, non serían necesarias tódalas actuacións posteriores á concesión, entre as cales se encontra como último trámite a aprobación do Proxecto Sectorial. Dende ADEGA fixemos chegarlle a Augas de Galicia as nosas dúbidas sobre este asunto, en concreto no que atinxe a aprobación final do Proxecto Sectorial polo Consello da Xunta. A cualificación do solo afectado como protexido (Rede Natura), ademais das especies ameazadas (endémicas da Península Ibérica, e protexidas a nivel estatal e autonómico) fan que as actuacións non sexan compatibles coa conservación e integridade dos valores obxecto de protección, de acordo coa Lei de Ordenación Urbanística 9/2002, e a Lei de Ordenación do Territorio 10/1995 . Os Proxectos Sectoriais poden prevalecer diante do Planeamento Urbanístico de Mondoñedo (ou de calquera outro concello) mais nunca sobre unha Lei.

Recoñecemos a posibilidade de que a administración autonómica (Consello da Xunta) poda tomar unha decisión subxectiva que autorice a construcción das minicentrais, aínda que deste xeito vulnerase u ordenamento xurídico. Sen embargo, unha resolución administrativa nesta liña, posibilitaría un posterior recurso no Tribunal Contencioso Administrativo, o cal ampara aos cidadáns da arbitrariedade dos poderes públicos nas súas decisións.

Augas de Galicia está a valorar tódalas posibilidades. Non dubidamos da boa vontade dos seus responsables, mais non concordamos no tocante a interpretación da normativa. Para ADEGA, o rescate das concesións non debe significar automaticamente unha indemnización ás empresas afectadas, xa que o dereito á construcción do proxecto non está garantido coa concesión do aproveitamento hidroeléctrico.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2009 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0