Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Monocultivos de vento
Levamos non sei canto tempo queixándonos do problema do monocultivo do eucalipto en Galicia, berrando a un lado e ao outro a facilidade coa que se poden expandir as pragas ao existir esta planta desde A Guarda ata Ribadeo por practicamente toda a costa, falando do problema das variacións dos prezos e doutras moitas problemáticas relacionadas con aspectos culturais, sociais, ecolóxicos, económicos, etc.
Agora en Galicia estamos a fomentar outro monocultivo: o dos aeroxeneradores eléctricos, unha especie que empeza a ter moitos seguidores, pero tamén detractores, normal por outra banda pois cando alguén se empeza a destacar tamén é cando máis inimigos e amigos lle saen, é decir nesas circunstancias deixa de ser indiferente.
O día antes do San Froilán constituíase en París unha plataforma europea contra as centrais eólicas, denominada European Platform Against Windfarms ? EPAW, pouco despois de As San Lucas xa contaban con máis de cento setenta socios (enténdanse asociacións) de once países europeos.
Os da EPAW afirman que, segundo os estudios que eles teñen realizado, os parques eólicos apenas reducen as emisións de dióxido de carbono á atmósfera pois a forma de producir enerxía é intermitente e debido a ese motivo sempre ten que existir unha fonte de producción paralela que soen ser centrais térmicas que queiman combustibles fósiles.
Antes preocupabamonos por se o eucalipto ía mal, agora tamén nos ten que preocupar se os muiños de vento que invaden os montes galegos son ou deixan de ser rentables a todos os niveis. E se ven unha praga?
Páxina da EPAW
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-01-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 eu teño moitas dudas acerca do eólicos, máis que dudas é indiferencia por falta de información.quero decir que non sei si me gustan ou non, home, guapos o que se dice guapos non quedan, impresionan pero nada máis.
por certo...no apartado de Novas de Mondoñedo tes unha noticia que non #blgtk08#se corresponde con Vilamor de Mondoñedo, senón con Vilamor ou Villamor en Folgoso do Caurel. dinme de conta pq é un puebliño moi cerca de Parada dos Montes, de donde é Pepe.

sigo asombrándome co teu blog, está moi entretido, con cousas moi diferentes e interesantes, noraboa.
Comentario por marisa (15-01-2009 15:53)
2 Levo trinta anos subindo a Xesta tódolos días e cando os vexo polo Cristo do Fiouco antóxase-me, que se en vez de pintalos de branco os pintaran de metalizado plateado, non tardaría moito en aparecer por alí Don Quixote da Mancha ca súa lanza en ristre e contarlles sete e sete rabos #blgtk08#de raposo...

Delira o vello, ...perdon!

Moito me entretén o teu blogue e agora tamén o de Letrasgalegas.org.

Parabens e unha fonda aperta.
Pepe de Noriega

Ca lúa de Xaneiro
óllase a formiga no carreiro!
Comentario por O Noriega (15-01-2009 23:55)
3 Grazas polos vosos comentarios. Marisa, o tema das novas creo que xa está amañado, o que pasa é que se xerena de xe#blgtk08#ito atuomático e debe ser revisado diariamente. Cando podo xa o fago, sucédeme o mesmo na páxina de motomondonedo.
Comentario por Fran Bouso (16-01-2009 17:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0